Proxección do documental de Iago Prada
Para público en xeral
05/09/2022
Xa rematou
19.30 h
52 minutos
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada libre ata completar capacidade
• Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE
Actuar con responsabilidade.
Asociación Veciñal Oza - Gaiteira - Os Castros
Para relatar esta historia de forma fidedigna, Prada reuniu a todos os axentes implicados. Así, por orde de aparición, o documental contou coas seguintes testemuñas: Juan Veiga, afectado do Viario 18, Javier Rodríguez, secretario da Asociación de Veciños de Cambre Afectados por Infraestruturas, Amancio Sotillo, presidente de ADEGA, Xosé Pajas, presidente da Asociación de Veciños de Cambre Afectados por Infraestruturas, Eugenia Mantiñán, vogal na mesma entidade, Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Serafín González, da Sociedade Galega de Historia Natural, e José Antonio Santiso Miramontes, presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A historia estivo contada polo cantautor e político Xosé Luís Rivas "Mini". Durante o documental, o concelleiro de Urbanismo e Obras de Cambre explicou as orixes do plan sectorial e as consecuencias que a Vía Ártabra terá sobre a área metropolitana en xeral, e sobre o municipio cambrés, en particular: a máis importante, a destrución do humidal da Gándara, un elemento fundamental da infraestrutura verde do municipio. A Gándara é un espazo protexido polo seu valor patrimonial e, sobre todo, por ser o fogar de catro especies en perigo de extinción, entre elas, a escribenta das canaveiras.
Cunha traxectoria vencellada ás causas sociais Iago Prada é un realizador e produtor coruñés (natural de Cambre) que estudou realización de audiovisuais e espectáculos na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Traballou en todo tipo de pezas audiovisuais por todo o mundo: rodou o documental "El rayo verde" en Cuba e as longametraxes "The blue boy" e "One less god" en Australia, entre outros traballos. É autor de obras como "La bahía en pie", que narra a historia do caso da planta de Delphi de San Francisco, e de "Bullfight", un filme no que sete cámaras e dez micrófonos seguen aos toros durante unha corrida. Tal e como Prada recoñece, para el, a zona húmida da Gándara é algo máis que un espazo natural único: " é o lugar onde me criei, onde aprendín a respectar a natureza percorrendo cada un dos os seus recunchos. Saber que vai ser destruída para facer unha autovía con área de peaxe resultou duro".
Entidades

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible