Viñetas desde o Atlántico 2023, dentro da súa programación, propón un novo ciclo de cinema de Animación, unha autoficción e un concerto ilustrado.
Para público en xeral
Dende o 07/08/2023 ata o 13/08/2023
Xa rematou
O programa completo inclúe visitas guiadas, unha mesa redonda, talleres profesionais e infantís, un encontro sectorial e a tradicional Rúa de BD que concentrará máis de 40 expositores de librería e editoriais de referencia do sector do cómic de toda España, con sinaturas de libros, charlas e outras accións abertas ao público.
Da man de VIÑETAS 2023, Laura Pérez Vernetti e os italianos Teresa Radice e Stefano Turconi visitarán A Coruña para ofrecer unha visita guiada ás súas exposicións, mentres que a mostra ¡Mujercitas del mundo, uníos! contará tamén cun paseo guiado polos seus comisarios.
O Teatro Colón acollerá unha mesa redonda coas pioneiras do cómic underground adulto en España, ademais de programar unha nova autoficción da novela gráfica O lume, de David Rubín, elixida como o mellor cómic español de 2022.
O cinema e a música súmanse este 2023 á órbita de VIÑETAS con 2 propostas que tamén terán lugar no Teatro Colón. Por unha banda as películas de animación Lupin III: The First; Spider-Man: Into de Spider-Verse; The First Slam Dunk e Akira 4K conforman o novo ciclo de cinema Órbita Animada. Tamén no Teatro Colón poderemos gozar dun concerto ilustrado que fusionará en directo a música da banda coruñesa de metal e sludge Hongo coas ilustracións creadas en vivo polos artistas de BD de Coruña: Paz Rodríguez, Luis Yang e Julia Abalde.
Este 2023, VIÑETAS suma ao seu programa o mercado de autoedición Autobán, con máis de 70 propostas artísticas chegadas de toda a Península, ademais de música, talleres, exposicións, un combate de ilustración e outras actividades que se realizarán o sábado 12 de agosto durante todo o día na praza de Santo André.
Programa de actividades de Viñetas desde o Atlántico 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible