Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Visita guiada ao Centro Oceanográfico da Coruña

O Centro Oceanográfico da Coruña fundouse en 1968. Depende do Instituto Español de Oceanografía (IEO), organismo público de investigación de máis dun século de antigüidade. Dedícase á investigación en ciencias do mar, especialmente no relacionado co coñecemento científico dos océanos, a sustentabilidade dos recursos pesqueiros e o medio ambiente mariño.

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/05/2019, de 16:00 a 17:30

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/05/2019 ata o 09/05/2019

Prazas limitadas

Horario:

16.00 h. As persoas participantes deberán estar ás 15.55 horas no punto de encontro para comezar a visita guiada, que será na entrada do Oceoanográfico (Paseo Marítimo Alcalde Fco. Vázquez, 10, 15001, A Coruña)

Enderezo:

Centro Cívico Monelos. Avda. de Monelos 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Gratuíta.

Requisitos:

Inscrición previa na conserxería do centro cívico nas datas indicadas

Organiza:

Centro Cívico Monelos

Contacto:

Avda. Monelos. 2 A

15006 A Coruña

Tel.: 981 189 817

ccsmonelos@coruna.es

Os/as participantes na visita poderán coñecer un centro de investigación e as funcións do IEO á sociedade. En tres laboratorios do centro os/as participantes na visita guiada participarán en tres talleres:

- O corazón do planeta: por medio de experimentos de física e química mariña explicaranse a distribución da temperatura oceánica, o fenómeno das mareas, a medición da salinidade e a problemática da acidificación dos océanos.

- A vida ao microscopio: o taller consiste en ensinar organismos mariños microscópicos mediante estereomicroscopios. As mostras proceden tanto do fondo mariño (organismos bentónicos) como da columna de auga (organismos planctónicos). Do fondo mariño expoñemos animais como diminutos crustáceos, pequenos moluscos ou vermes poliquetos. Nas mostras de plancto podemos atopar pequenos crustáceos, larvas de peixes e outros animais mariños, ou fitoplancto. O módulo compleméntase cunha explicación das redes tróficas mariñas e dos aparellos oceanográficos usados para conseguir as mostras.

- Investigando os peixes: neste taller explícanse os estudos científicos habituais que se fan nas especies de interese comercial co fin de acadar a explotación sustentable destes recursos. Algúns dos conceptos que se tratan son os seguintes: métodos de obtención de datos científicos, investigacións de crecemento dos peixes, anatomía exterior e interior dun peixe, selectividade das artes de pesca ou estudos de marcaxe-recaptura.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión