Visitaremos o Castelo de San Antón
Persoas de 55 ou máis anos
Maiores
09/11/2022
Xa rematou
Dende o 27/10/2022 ata o 08/11/2022
As prazas adxudicaranse por orde de chegada ata esgotalas.
Das 12.00 ás 13.30 h
As persoas participantes deberán presentarse na porta principal do Castelo de San Antón uns minutos antes de iniciar a visita.
90 minutos
30
Gratuíto
Ter 55 ou máis anos e formalizar a inscrición, que se fará no propio centro cívico.
C.C. Cidade Vella
Correo electrónico: ccciudadvieja@coruna.gal
Teléfono: 981 189 885
Realizaremos a visita de forma guiada. Irannos ensinando as dependencias e explicando o uso que tiña cada unha delas, ao mesmo tempo que nos contarán a historia desde a súa construción. Accederemos aos interiores do Museo Arqueolóxico na planta baixa e á sección de Historia na planta alta da Casa do Gobernador. Todo iso, acompañado de información ao longo de todo o percorrido, que se completará coas magníficas vistas desde o castelo e nos dará a coñecer o noso patrimonio.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible