Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Visitas guiadas sobre a exposición: “Ninguén falou delas: O Padroado de Protección á Muller e a súa Xunta Provincial da Coruña”

Visitas guiadas á exposición impulsada por Belén López Cillero

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 20/06/2026 á 01:00 , 11/07/2026, 18/07/2026

Horario:

12.00 h

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

O sábado 20 de xuño e 11 e 18 de xullo, ás 12.00 horas, terán lugar visitas guiadas á exposición a cargo da investigadora e divulgadora Belén López Cillero, quen impulsou o proxecto.

A duración de cada visita será de aproximadamente 50 minutos.

As investigacións de López Cillero documentan, a través de arquivos e testemuños, a existencia dunha rede institucional xerarquizada, composta por centros xestionados en gran parte por ordes relixiosas, nos que milleiros de mozas foron internadas. En moitos casos, estas internacións producíanse sen garantías xudiciais.

Segundo a investigación, as mozas eran sometidas a disciplina severa, traballos forzados e malos tratos, e ingresaban a miúdo por motivos relacionados con non axustarse ao modelo moral imposto na época.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión