Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

VIVE LA VIDA e outras poesías gráficas de Luís Alberto de Cuenca - Viñetas desde o Atlántico

"Hai algo que para min supoñía un desiderátum inalcanzable e que, grazas á debuxante barcelonesa Laura Pérez Vernetti, se fixo realidade na miña biografía: saír nun cómic, converterme en personaxe dunha banda deseñada".Luís Alberto de Cuenca

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/08/2023 ata o 10/09/2023

Xa rematou

Horario:

De 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 h

Enderezo:

Casa Museo Picasso . Rúa Payo Gómez 14, Bj y 2. 15004 A Coruña

Páxina web:

https://www.vinetasdesdeoatlantico.com/

Contacto:

info@vinetasdesdeoatlantico.com

www.vinetasdesdeoatlantico.com

Na última década, o traballo da gran historietista Laura Pérez Vernetti (Barcelona, 1958), pioneira do movemento underground na España dos 80, destaca polo seu achegamento ao mundo da literatura, evocando nas súas viñetas a escritores do talle de London, Rilke, Schwob, Baudelaire, Pessoa, Mayakovski ou Arrabal. Especialmente vangardistas son as obras que se engloban dentro do xénero da poesía gráfica. É dicir, adaptacións ao cómic de poemas das máis ilustres plumas, cuxos versos constitúen o guión das historietas de Laura. Entre outros, Laura dedica dúas novelas gráficas á obra poética de Luís Alberto de Cuenca (Madrid, 1950), titulados Viñetas de plata (2017) e Vive la vida (2022).

Esta exposición que agora chega á cidade da Coruña reúne todos os orixinais do cómic "Vive la vida" e compleméntase cun audio no que se escoitan os 13 poemas que compoñen a mostra, recitados polo propio Luís Alberto de Cuenca, un dos nosos máis lúcidos creadores literarios e acérrimo defensor e amante confeso da cultura pop.

Alén do impactante grafismo de Laura Pérez Vernetti, a medio camiño entre o underground dos 80 e a elegante liña clara, o que fai que "Viva la vida" sexa un traballo sobresaínte é a sensibilidade única coa que a artista capta o universo interior de Luís Alberto de Cuenca. Laura e Luís Alberto son dous titáns que se potencian mutuamente e que, na viñeta, crean auténtica maxia.

Asier Mensuro

Comisario da exposición

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión