Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Welcome to Chechnya", na Sala Fernando Rey

Documental que segue os pasos dun grupo de activistas que poñen en risco a súa vida para enfrontarse ao represivo movemento anti-LGBTQ que impera na república rusa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/06/2022

Xa rematou

Horario:

Sábado: 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Desde 2016, o tiránico líder de Chechenia, Ramzan Kadyrov, foi o artífice dunha operación centrada na "limpeza de sangue" dos chechenos pertencentes ao colectivo LGBTQ+, supervisando unha campaña gobernamental destinada a deter, torturar e executar os seus membros. Sen axuda do Kremlin e cunha mínima repercusión global que ignora a violencia que sofre o colectivo, unha vasta e secreta rede de activistas decide aplicar as súas propias medidas a modo de resistencia.

  • 2020: Premios BAFTA TV: Mellor serie de TV - Internacional
  • 2020: Festival de Berlín: Sección Panorama - Premio do Público (Mellor Documental)
  • 2020: Festival de Sundance: Premio Especial do Xurado - Documental
  • 2020: Sindicato de Directores (DGA): Nomeado a Mellor Dirección / Documental

Dirección: David France

Documental

Estados Unidos, 2020 - 107 min (VOS en castelán) Formato: Blu-ray

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente os días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 h ás 15.00 h e das 16.30 h ás 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión