Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

X Edición Festival 981United

Entradas á venda dende o 16 de marzo de 2023 ás 12.00 h

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/04/2023

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Apertura de portas: 17.30 h

Enderezo:

Sala O Túnel . Avda. Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

22,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

CONDICIÓNS DE COMPRA

- A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade destas, nin devolucións.

- No momento da compra das entradas deberase indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas asistentes tal e como figuran nos seus DNI.

- Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberá indentificarse presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.

- No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as súas persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas ás/aos ditas/os acompañantes e obrigarase a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas esas persoas deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.

- As/os menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Organiza:

Asociación Cultural 981 United

Documentos:

AUTORIZACION-DE-ACCESO-PARA-MENORES-DE-16-ANOS---981-UNITED.pdf (95 KB)

Volve o Festival 981UNITED para celebrar 10 anos apoiando as bandas locais da cidade.

Nesta edición o cartel está formado por CELESTE, unha das bandas máis rompedoras de 2022 que arrasou en todos os festivais europeos.

Estarán acompañados polas dúas bandas máis representativas do Hardcore nacional como son ANAL HARD e PROUDZ ademais doutras dúas bandas nacionais como son CORROSIVE que chegan con disco novo debaixo do brazo e THE BROKEN HORIZON que inaugurarán o seu ano de concertos na nosa cidade.

Para completar o cartel, estarán as bandas locais ALBARUSA e HONGO que farán as delicias do público asistente.

Entradas á venda dende o 16 de marzo de 2023 ás 12.00 h

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente o día do concerto dende as 17.00 h
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.

Entidades

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión