Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

XIII Festival Solidario EN Directo

A XIII edición do Festival celebrarase na sala O Túnel o 2 de marzo con máis de catro horas de música ao vivo

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Para público en xeral

Cando:

02/03/2018

Xa rematou

Horario:

Ás 19.00 h

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

locaisdensaio@gmail.com 

Http://locaisdensaio.blogspot.com 

Documentos:

Cartaz XII Festival Solidario En Directo (416 KB)

Regresa o Festival Solidario Coruña en Directo. A cita, impulsada pola Concellería de Participación e Innovación Democrática a través da área de Mocidade, terá lugar o vindeiro venres, 2 de marzo, na Sala O Túnel. Nesta XIII edición, que suporá un novo maratón musical de catro horas e media de música ao vivo, participarán un total de sete grupos noveis residentes nos Locais de Ensaio municipais. Así, xunto a Wondermind, que debutaron na anterior edición do Festival, subiranse ao escenario as bandas rock de Chomoloco, Fatty Bop e Strob. Tamén haberá espazo para a música folk, con DeQuenVesSendo; punk, con Theta Waves, ou pop-rock con Indigo.

O XIII Coruña En Directo comezará contra ás 19.30 horas, e os convites estarán dispoñibles no acceso á propia Sala o día do concerto. Para acceder ao auditorio, dado o carácter solidario do concerto, só será necesario acompañar o convite coa doazón de tres kilos ou litros de alimentos non perecedoiros --como pasta, zume (envasado), conservas, legumes e aceite, preferentement-- que serán destinados á Cociña Económica. As bandas desta edición súmanse así aos 60 grupos --formados por máis de 200 mozos e mozas-- que xa participaron nas anteriores edicións do evento, que permite dar visibilidade á canteira musical de calidade coa que conta a cidade.

Ao longo da súa historia, Coruña En Directo contou coa participación, entre outras, de bandas como Senectud Sideral, Harakiri ou Say My Name, que hoxe en día forman parte do panorama musical da cidade así como de grandes eventos, como o Festival Noroeste Estrella Galicia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión