A EASD Pablo Picasso realiza unha presentación dos estudos superiores de deseño que se poden cursar en Galicia.
Para público en xeral
19/02/2025
Xa rematou
A partir das 17.30 horas.
Entre os días 17 e 24 de febreiro de 2025 terá lugar a II edición das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025).
Organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, estas xornadas teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Como parte das xornadas, o mércores 19 de febreiro, ás 17.30 horas, levarase a cabo a presentación dos estudos superiores de deseño que se poden cursar en Galicia. Esta sesión terá lugar na EASD Pablo Picasso (rúa Os Pelamios, 2).
Para poder acceder á charla, o alumnado inscrito ten que presentar a CREDENCIAL correspondente, que lle será enviada ao seu correo electrónico no momento da inscrición.
Máis información na páxina do programa: II Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) .

Dende o 16/03/2026 ata o 30/03/2026

Dende o 14/02/2026 ata o 31/03/2026

18/04/2026

Dende o 21/04/2026 ata o 23/04/2026

24/04/2026

Dende o 06/03/2026 ata o 06/05/2026
Prazo de presentación de proxectos: desde o 6 de marzo ata o 6 de maio de 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible