Visitas guiadas ás instalacións de cada un dos ciclos de FP e dos ensinos artísticos, complementadas con charlas informativas.
Para público en xeral
Dende o 17/02/2025 ata o 19/02/2025
Xa rematou
Entre os días 17 e 24 de febreiro de 2025 terá lugar a II edición das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025).
Organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, estas xornadas teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Como parte das xornadas, os días 17,18 e 19 de febreiro de 2025 realizaranse visitas guiadas ás instalacións de cada un dos ciclos de FP e dos ensinos artísticos (EASD Pablo Picasso), complementadas con charlas informativas.
Para poder acceder ás visitas e charlas, o alumnado inscrito ten que presentar a CREDENCIAL correspondente, que lle será enviada ao seu correo electrónico no momento da inscrición.
Máis información na páxina do programa: II Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) .
27/03/2025
Dende o 17/03/2025 ata o 31/03/2025
Dende o 09/01/2025 ata o 31/03/2025
Dende o 02/04/2025 ata o 04/04/2025
Dende o 26/03/2025 ata o 08/04/2025
Dende o 07/03/2025 ata o 11/04/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible