A entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta
Para público en xeral
17/02/2026
Para visitar o Aquarium, asistir a unha sesión de Planetario ou acceder ao espazo MiniDomus será imprescindible realizar unha reserva de entradas
Horario de apertura de 11 a 19 horas, co último acceso ás 18 horas no Aquarium Finisterrae, e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.
Gratis, con reserva de entrada para o Aquarium Finisterrae, sesión de planetario e acceso a espazo MiniDomus.
Reserva de entradas do Aquarium, a partir das 9 horas do 14 de febreiro nesta ligazón.
Reservas de entradas para MiniDomus a partir das 9 horas do 14 de febreiro nesta ligazón.
Reserva de entradas para sesión de Planetario, a partir das 9 horas do 16 de febreiro nesta ligazón.
O próximo 17 de febreiro, Martes de Entroido, festivo local, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta.
A principal novidade desta xornada gratuíta é que aínda que a visita á Domus seguirá sendo libre, sempre que a capacidade do museo non estea completa, o acceso a MiniDomus , o novo espazo para nenos e nenas de ata 6 anos acompañados de polo menos unha persoa adulta, esixirá a realización dunha reserva previa que poderá facerse desde o sábado 14 de febreiro ás 9 horas nesta ligazón. Cada reserva pode facerse para un máximo de 3 persoas para as horas en punto, e permitirán a estancia neste espazo durante 45 minutos a partir da hora reservada.
Para visitar o Aquarium Finisterrae tamén é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 14 de febreiro ás 9 horas nesta ligazón. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.
A entrada para visitar as salas de exposición da Casa das Ciencias será libre, pero para asistir a algunha das catro sesións de Planetario programadas para esta xornada haberá que retirar invitacións, que poderá facerse a partir das 9 horas do luns 16 de febreiro picando nesta ligazón.
O horario de apertura do martes 17 será de 11 a 19 horas, co último acceso ás 18 horas no Aquarium Finisterrae, e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.

Os días 20/01/2026 ás 19:00 , 10/02/2026 ás 10:00 , 10/02/2026 ás 12:00 , 12/02/2026 ás 10:00 , 12/02/2026 ás 12:00
Dende o 14/01/2026 ata o 12/02/2026

12/02/2026
Sesión cancelada por peche da biblioteca.

Dende o 11/02/2026 ata o 12/02/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 06/02/2026
Inscrición na web

Dende o 11/02/2026 ata o 13/02/2026

13/02/2026

Dende o 09/02/2026 ata o 13/02/2026
Dende o 02/02/2026 ata o 07/02/2026
Inscrición presencial na biblioteca
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible