Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Xornada de Puertas Abertas do Instituto Español de Oceanografía

O Centro Oceanográfico da Coruña realizará o sábado día 16 de xuño a XI edición da “Xornada de Portas Abertas”.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

16/06/2018

Xa rematou

Horario:

11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Enderezo:

Instituto Español de Oceanografía. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 10. 15001 A Coruña

O vindeiro sábado 16 de xuño o Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía (IEO) organizará a XI edición de Xornada de Portas Abertas para dar a coñecer os seus traballos de investigación.

Os científicos e técnicos do IEO explicarán de forma próxima algúns dos aspectos da ciencia dos océanos. Para iso deseñaron varias actividades:

  • A VIDA MARIÑA AO MICROSCOPIO: mediante microscopios poderemos observar organismos planctónicos e bentónicos do noso litoral mariño así como distintos métodos de obtención das mostras.

  • EXPOSICIÓN DE APARELLOS OCEANOGRÁFICOS DE MOSTRAXE: Presentaremos os equipos oceanográficos de mostraxe, coas oportunas explicacións do seu funcionamento e manexo.

  • OS PEIXES E AS REDES: a través dun módulo interactivo mostramos a selectividade das artes de pesca e a problemática dos peixes inmaturos e os descartes.

  • AS VIAXES DOS PEIXES: explicaremos a importancia dos estudos de marcado e a recaptura dos peixes.

  • A OCEANOGRAFÍA EN FEMININO: na que faremos un repaso sobre a achega das mulleres ao estudo dos nosos mares.

  • O CORAZÓN DO PLANETA: por medio de experimentos de física e química mariña mostrarémosvos a distribución da temperatura oceánica, a salinidade e o pH da auga de mar.

  • LIXOS NO MAR: continuaremos coa concienciación sobre a eliminación dos lixos no mar. A nosa proposta é un CONCURSO DE RECICLAXE DE LIXOS MARIÑA, cuxos resultados poderedes ver nun recuncho das nosas instalacións oceanográficas.

  • ESPAZO INFANTIL: cuxa proposta estrela é o Concurso de Debuxo María Hermida.

  • ROBOTS SUBMARINOS: pilota as nosas maquetas teledirixidas de robots submarinos para a obtención de mostras.

  • COLECCIÓNS MARIÑAS: presentarémosvos a colección de exemplares mariños colleitados por compañeiros dos nosos Centros Oceanográficos.

  • Paneis diversos: con temática mariña.

  • Posa co "photocall" do IEO: os/as participantes terán oportunidade de facerse unha foto xunto a un peixe espada de tamaño real e outros animais mariños.

Tamén che pode interesar...

  • Cartel

    Viñetas Show

    Cando:

    Os días 10/08/2026, 11/08/2026, 13/08/2026

  • Obradoiro 1

    Talleres de verán no Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón e Castro de Elviña

    Cando:

    Os días 11/07/2026, 18/07/2026, 01/08/2026, 08/08/2026, 15/08/2026, 22/08/2026, 29/08/2026

    Inscricións:

    O prazo de inscrición abrirase o mércores 8 de xullo ás 10.00 h e cada actividade terá unha ligazón a través de ticketing para reserva.

  • Festa de letras, de Iria Pinheiro

    "Festa de letras", de Iria Pinheiro

    Cando:

    29/09/2026

    Inscricións:

    Dende o 25/09/2026 ata o 29/09/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Luli Pampín 2026

    LULI PAMPÍN Millóns de grazas

    Cando:

    28/11/2026

    Entradas á venda o venres 12 de xuño 2026 ás 10.00 h

  • Pica Pica 2026

    PICA PICA presenta NADAL TOTAL

    Cando:

    26/12/2026

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión