Obradoiros, conferencias e xornadas de orientación para alumnado de ESO e Bacharelato, profesorado e público en xeral dedicadas á animación, produción audiovisual e intelixencia artificial desde unha perspectiva STEAM.
Para público en xeral
Dende o 20/09/2023 ata o 26/09/2023
Xa rematou
STEAMdomus é un programa que busca promover a importancia das artes na educación en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas á hora de proporcionar unha educación máis completa e unha visión máis ampla do futuro laboral da mocidade.
O programa é o seguinte:
STEAMdomus escolas: 21, 22, 25 e 26 de setembro. Inscrición previa neste formulario.
STEAMdomus profesorado: mércores 20 de setembro de 17.00 a 20.00 h. Inscrición previa neste formulario.
Ven a STEAMdomus : explora o cinema de animación, os efectos visuais e a intelixencia artificial. Venres 22 de setembro de 18.30 a 20.30 horas. Actividade gratuíta para público xeral a partir de 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade.
Nesta sesión intervirán:
- Mundos Dixitais, organizadores do Congreso Internacional de animación, efectos visuais e nova media, mostrará como é o mundo da animación e os efectos visuais.
- A produtora Emotional Films convidará a falar cos seus avatares en tempo real e a coñecer as súas películas personalizadas ao instante con intelixencia artificial.
- O estudio coruñés Antaruxa, gañador do Goya pola película de animación «Valentina», descubriralle ao público o mundo da animación.
Proxecto subvencionado pola Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible