Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Xornadas europeas de arqueoloxía

MUSEO ARQUEOLÓXICO E HISTÓRICO CASTELO DE SAN ANTÓN E CASTRO DE ELVIÑA

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/06/2021 ata o 20/06/2021

Inscricións:

Apertura de prazo de inscrición: xoves 10 de xuño ás 10 h.

Enderezo:

Museo Arqueolóxico - Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Requisitos:

Todas as actividades requiren inscrición previa, por orde de chamada ata completar aforamento no teléfono do Museo Arqueolóxico: 981 189 850

Puertas abertas no Museo de San Antón: venres 18 de 10:00 a 19:30, sábado 19 de 10:00 a 00:00 e domingo 20 de 10:00 a 14:30 h.

  1. Conferencia no Museo: Últimos resultados das intervencións realizadas no Sector 16 do Castro de Elviña, A Coruña. Por Roberto Bartolomeu Abraira (ENGOBE ARQUEOLOXÍA) e Mario César Vila (TEMPOS ARQUEÓLOGOS).
  • Venres: 20 h.
  • Duración aprox: 2 h
  • Público: adulto
  • Prazas: 20
  • Gratuíto con reserva previa.
  1. Visitas guiadas:
    1. Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón.

Percorrido polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico.

  • Sábado: 18 h e 22 h.
  • Domingo: 12 h.
  • Duración aprox: 1 h e 15 min.
  • Público: adulto
  • Prazas: 10
  • Gratuíto con reserva previa.
  1. Castro de Elviña.

Visitas guiadas ao Castro de Elviña nas que percorreremos o xacemento e coñeceremos o proceso de escavación e os avances da últimas campaña arqueolóxicas.

  • Sábado e Domingo: 12 h.
  • Duración aprox: 1 h e 30 min.
  • Público: adulto
  • Prazas: 20
  • Gratuíto con reserva previa.
  1. Talleres infantís de Arqueoloxía:
  1. Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón:
  • Hora: 12 h.
  • Duración aprox.: 1h e 30 min./ 2 h
  • Público: de 6 a 12 anos
  • Prazas: 10
  • Gratuíto con reserva previa.

Sábado 19: Cultivos milenarios

Neste taller achegarémonos ás formas de vida da Idade do Hierro, coñeceremos a importancia da agricultura e a gandería como fonte de recursos alimenticios dos castrexos. Descubriremos, con axuda da manipulación de réplicas arqueolóxicas, que a tecnoloxía da época xogou un papel fundamental para a supervivencia e o desenvolvemento das sociedades humanas. Finalmente, na parte práctica do taller aprenderemos o método de agricultura "bóla de arxila" tamén coñecida como Nendo Dango, e prepararemos nosa propia semente para levar a casa e plantala onde queiramos.

Domingo 20: Iluminando Brigantium

Aproximarémonos á importancia do descubrimento do lume e a súa manipulación na evolución da nosa especie. Tras realizar un percorrido polas diferentes salas do museo, onde coñeceremos as orixes e a multitude de usos do lume, exploraremos mediante a manipulación de réplicas, algúns dos métodos máis antigos para a súa produción, e coñeceremos os diferentes soportes inventados a través do tempo para manipular e tentar conter este prezado elemento. Finalmente penetrarémonos no mundo romano para elaborar de maneira práctica nosa propia lucerna romana.

  1. Castro de Elviña:

Sábado 19 e domingo 20: Removendo a historia

  • Hora: 17 h.
  • Duración aprox.: 1 h e 30 min./2 h
  • Público: de 6 a 12 anos
  • Prazas: 15
  • Gratuíto con reserva previa

Os participantes deste taller coñecerán o método arqueolóxico e a importancia do mesmo a través dunha escavación simulada, usando a ciencia e a análise para converterse en detectives do pasado, e dar resposta a preguntas como: ¿quen viviu aquí?, ¿en que época?, ¿para que utilizaban isto?, etc. Con esta actividade poderán experimentar en primeira persoa o traballo de escavación, manipulación de materiais e o desenvolvemento deste proceso científico, tan relevante para coñecer o noso pasado. Este taller de desenvolverá na entrada do castro tras visitar o xacemento.

  1. Talleres de experimentación para adultos no Museo

Sábado 19: Sobrevivindo na Prehistoria

  • Hora: 20 h.
  • Duración aprox.: 1 h e 30 min./2 h
  • Público: adultos
  • Prazas: 15
  • Gratuíto con reserva previa

Nesta experiencia achegarémonos aos destacados descubrimentos e avances tecnolóxicos máis importantes da Prehistoria: o lume e a caza. Descubriremos que a supervivencia e posterior evolución da nosa especie, está ligada ao dominio do lume en épocas pasadas, xa que lles permitiu, non só resgardarse do frio, senón tamén, empezar a cociñar os alimentos. Isto, unido ás melloras tecnolóxicas vinculadas á caza, supuxo un avance xigante nas posibilidades de supervivencia das especies de homínidos no pasado.

Por último, meterémonos na pel dos nosos antepasados para conseguir obter lume con ferramentas e técnicas prehistóricas.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión