MUSEO ARQUEOLÓXICO E HISTÓRICO CASTELO DE SAN ANTÓN E CASTRO DE ELVIÑA
Para público en xeral
Dende o 17/06/2022 ata o 19/06/2022
Xa rematou
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
As actividades son gratuítas e requiren inscrición previa, por orde de chamada ata completar aforamento no teléfono do Museo Arqueolóxico: 981 189 850
Apertura de prazo de inscrición: martes 7 de xuño ás 10 h.
Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón
Puertas abertas no Museo de San Antón:
Venres 17 de 10 a 19:30 h., sábado 18 de 10 a 00:00 h. e domingo 19 de 10 a 14:30 h.
1. Conferencias no Museo:
1.1. Presentación do programa de Emprego Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos da Coruña.
1.2. Conferencia sobre as intervencións arqueolóxicas actuais no Castro de Elviña.
Percorrido polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico.
Visitas guiadas ao Castro de Elviña nas que percorreremos o xacemento e coñeceremos o proceso de escavación e os avances da últimas campaña arqueolóxicas.
Sábado 18: "Enredade@s na Prehistoria"
Esta actividade permitiranos coñecer as formas de vida no pasado a partir da moda. ¿Había roupa na prehistoria? ¿Como se abrigaban? Estas e máis preguntas serán resultas ao longo deste taller, no que observaremos a evolución dos materiais e das pezas desde a prehistoria ata época romana. A través da colección do museo descubriremos accesorios relacionados co mundo da moda e faremos os nosos propios fíos e tecidos utilizando para iso un tear.
Domingo 19: "Ídolos: Protectores do tempo"
Con esta actividade coñeceremos os misterios do mundo funerario en épocas pasadas e falaremos dos ajuares e os rituais relacionados coa vida no máis aló. ¿Por que do Neolítico non conservamos as casas, pero se as tumbas? ¿Por que hai esqueletos de época romana e non da cultura castrexa? Centrándonos no Neolítico investigaremos como protexían ao defunto, para coñecer así as figuras antropomórficas que o coidan. Realizaremos, con barro, o noso propio idolillo que poderemos levar a casa.
Sábado 18 e domingo 19: "Removendo a Historia"
Os participantes deste taller coñecerán o método arqueolóxico e a importancia do mesmo a través dunha escavación simulada, usando a ciencia e a análise para converterse en detectives do pasado, e dar resposta a preguntas como: ¿quen viviu aquí?, ¿en que época?, ¿para que utilizaban isto?, etc. Con esta actividade poderán experimentar en primeira persoa o traballo de escavación, manipulación de materiais e o desenvolvemento deste proceso científico, tan relevante para coñecer o noso pasado. Este taller de desenvolverá na entrada do castro tras visitar o xacemento.
Sábado 18: "Á caza!"
Actividade experimental para descubrir a evolución da cinexética a través do tempo. A través de réplicas arqueolóxicas poderemos achegarnos ás diferentes formas de vida nas primeiras etapas da Prehistoria, para coñecer os avances tecnolóxicos máis importantes relacionados coa caza e o lume e descubrir as habilidades desenvolvidas polos homínidos do pasado para poder sobrevivir a condicións extremas. Para finalizar, trataremos de dar caza a un cervo recreando técnicas prehistóricas.
Sábado 18 no Museo: Gladiatura
A Asociación Histórico-Cultural Gallaecia Viva levará a cabo unha recreación histórica dunha gladiatura ou combate de gladiadores, entre a parella máis habitual entre os tipos de gladiadores documentados: secutor vs retiario.

Dende o 20/12/2025 ata o 04/01/2026
Apertura prazo de inscrición: mércores 10 de decembro ás 10.00 h

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 1 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición.

17/01/2026
Dende o 10/01/2026 ata o 15/01/2026
Require inscrición

Dende o 19/01/2026 ata o 23/01/2026
Dende o 12/01/2026 ata o 16/01/2026
Inscrición presencial na biblioteca

28/01/2026
Dende o 21/01/2026 ata o 28/01/2026
Require inscrición

Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 23/01/2026
Inscrición presencial na biblioteca
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible