Este concurso consta dunha única modalidade dividida en tres categorías. Concederanse tres premios por categoría, que se determinarán pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos.
Para público en xeral
05/06/2016
Xa rematou
11:00 h
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña
4’00 €
No concurso poden participar grupos de asociacións folclóricas, centros parroquiais, asociacións culturais e recreativas, asociacións xuvenís, etc. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso do traxe tradicional.
Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda o devandito tempo. O xurado estará formado por persoas alleas á A.C. Xacarandaina e no momento da cualificación terá en conta: a autenticidade e dificultade técnica do baile e a calidade na execución.
O XXXVI CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 5 de xuño no Palacio da Ópera da Coruña en horario de mañá. Ao igual que nos últimos anos haberá tres categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.
Achegamos as bases e a folla de inscrición.
O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:
O prazo de inscrición remata o sábado 28 de maio.
Para calquera dúbida ou consulta podese contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono (981 277 315) ou correo electrónico: info@xacarandaina.com
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Temporalmente situada no Teatro Rosalia de Castro no mesmo horario.
Despacho do Palacio da Ópera: día do concerto de 11.00 a 14.00 e de 17.00 ata o inicio do concerto
Venda telefónica: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible