Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oficina especializada

Biblioteca Municipal Durán Loriga

Enderezo:

Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Teléfono:

981 184 388

Fax:

981 184 385

Páxina web:

http://www.coruna.gal/bibliotecas

Horario:

  • Inverno e verán
    • Luns a venres de 12.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.30 h
    • Sábados de 10.00 h a 14.00 h
  • Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)
  • Semana Santa (pechada o sábado)
  • Semana grande (primeira semana completa despois do primeiro domingo de agosto)
    • Luns a venres das 9.00 h ás 13.00 h e das 16.00 h ás 19.30 h
    • Sábado pechada.

Horario

  • Inverno e verán
    • Luns a venres: das 12.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.30 h
    • Sábados das 10.00 h ás 14.00 h
  • Días de peche: domingos e festivos, 24 e 31 de decembro, e sábado de Semana Santa.

Como chegar?

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 1 - Liña 1A - Liña 2 - Liña 2A - Liña 3- Liña3A - Liña 4- Liña 6 - Liña 6A - Liña 7- Liña 17

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca?

Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.

Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, novas e persoas adultas.

Dispón de múltiples materiais que poderás levar en préstamo, música e cinema, ordenadores de acceso público, conexión wifi, consolas e videoxogos...

Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede

Máis información

Inaugurada en maio de 1991, foi un dos primeiros centros do Sistema Municipal de Bibliotecas da Coruña. Este equipamento inicialmente creado como biblioteca especializada en literatura infantil e xuvenil (da que tomou o seu nome), co paso dos anos e coa ampliación da rede de bibliotecas respondeu ao cambio nos usos e demandas da cidadanía polo que actualmente é un equipamento de carácter xeral e pasou a denominarse Biblioteca Municipal Durán Loriga.

A Biblioteca Durán Loriga defínese como un espazo de encontro e relación, de lectura e socialización, un centro público de información e promoción lectora que presta os seus servizos a toda clase de públicos, e que traballa para dar servizos e programas innovadores á cidadanía (como o Programa BiblioTECH), á vez que coopera con centros académicos e educativos como a UDC para promover o coñecemento sobre lectura e literatura infantil e xuvenil e así contribuír á formación de novos/as mediadores/as e educadores/as.

Consulta as cifras desta e doutras bibliotecas

Actividades relacionadas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión