Proxeccións.
Investigacións.
Intercambios con asociacións.
Escavacións.
Organizan cursos e conferencias.
Inverno (setembro a xuño):
Martes a sábado das 10.00 ás 19.30 h. Domingos e festivos das 10.00 ás 14.30 h (desde media hora antes do peche non se permite o acceso).
Pecha o 1 de xaneiro, luns e martes de Entroido e o 24, 25 e 31 de decembro.
Verán (xullo e agosto):
Martes a sábado das 10.00 ás 21.00 h. Domingo e festivos das 10.00 ás 15.00 h (dende media hora antes do peche non se permite o acceso).
Entrada xeral: 2,00 €
*Entrada reducida: 1,00 €
*Consultar as condicións da tarifa reducida e dos bonos dispoñibles na web.
DEBIDO ÁS OBRAS QUE SE ESTÁN EXECUTANDO NO CASTELO, SUSPENDEUSE A VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA. CON TODO, É POSIBLE VISITAR O CASTELO PREVIA COMPRA DE ENTRADAS NO DESPACHO DE BILLETES.
ADVERTIMOS QUE ALGUNHAS ESTANCIAS PODERÍAN ESTAR PECHADAS.
ROGAMOS DESCULPEN AS MOLESTIAS.
MANUEL MARTÍN-BUENO (Zaragoza, 1946-2026)
O mércores, 5 de agosto faleceu en Zaragoza, a súa cidade natal, o Dr. Manuel Martín Bueno.
Catedrático de arqueoloxía, Epigrafía e Numismática da Universidade de Zaragoza, anteriomente de Córdoba e León, onde dirixiu 48 teses doutorais e máis de 50 proxectos de investigación. Profesor convidado nas universidades de Bolonia, Burdeos, Cambridge, Roma ...
Director do Museo de Calatayud.
Asesor de diferentes gobernos para cuestións de patrimonio cultural, a UNESCO, Consello de Europa ...
O seu labor como arqueólogo foi inxente, con máis de 150 campañas. Lembramos agora as realizadas en Xordania, Tarifa e moi especialmente Bílbilis, a cidade romana que escavou durante décadas e que foron o xerme do Museo de Calatayud.
Será sempre lembrado como o gran impulsor da Arqueoloxía Subacuática do noso país. En Galicia foi director das escavacións do pecio do San Xerónimo, na baía de Cee-Corcubión, cuxas pezas están depositadas no noso centro. Outras das súas escavacións subacuáticas destacadas son as realizadas en Córsega e no Antártico. Foi presidente do Comité Científico de FEDAS e de CMAS
Tamén debemos lembrar o seu labor como subsecretario de Arqueoloxía e Etnografía do Ministerio de Cultura, co ministerio de Javier Solana. É un dos impulsores da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español, na que se fixaron as bases do noso sistema.
A súa vinculación co Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón remóntase a case a nosa fundación. Ademais das diferentes colaboracións puntuais dirixiu varios cursos, espacialmente sobre Arqueoloxía Subacuática. Algúns aínda lembrarán a exposición "Costa da Morte; atopamo-la Historia", sobre o referido pecio do S. Xerónimo. Este agarimo escenificouse recentemente coa cesión da súa biblioteca persoal, no referente a Arqueoloxía, ao noso museo.
Marchou unha das grandes figuras da Arqueoloxía europea e un excelente amigo.
TARIFAS
Compra por internet https://ticketing.coruna.gal/arq/visitsananton/
Entrada xeral: 2,00 €
Entrada reducida: 1,00 €
Cota cero:
HISTORIA
O museo aséntase nunha antiga fortaleza construída no século XVI. Dos séculos XVI ao XVIII foi un edificio defensivo e prisión, máis tarde foi utilizado como lazareto para illar os mariñeiros que chegaban á cidade afectados dalgunha enfermidade infecciosa. O museo como tal inaugurouse en 1.968. Considérase monumento histórico-artístico desde 1.949.
O museo alberga obxectos de arqueoloxía como: ourivaría protohistórica, megalitismo, Idade de Bronce, cultura castrexa, romanización e distintos aspectos da cidade.
O Castelo alberga as seguintes dependencias:
DIRECTOR: Jaime Oíza Galán
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
VISITA VIRTUAL:
https://estaticos.coruna.gal/sananton/
COMO CHEGAR
Bus Urbano
Parada de taxi
Aparcabicicletas
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible