1 de julio de 2020
O monumento declarado Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO retomará a súa actividade con estritos protocolos de seguridade
A Torre de Hércules reabrirá as súas portas este sábado tras o estado de alarma co seu horario habitual de verán, isto é, de 10.00 a 21.00 horas.
Para reabrir o faro romano necesitouse implantar medidas estritas de seguridade sanitarias e revisar o Plan de auto-protección da Torre de Hércules para protexer tanto o persoal traballador do monumento como as persoas visitantes. Todas e todos os empregados do Patrimonio Mundial da Humanidade, así como da Oficina de Turismo e as empresas auxiliares recibiron formación específica sobre os novos protocolos.
Con estas medidas, extremaranse as precaucións tanto na compra de entradas como na entrada á Torre de Hércules. Ao punto de venda de tíckets só poderá acceder unha persoa por grupo e limitarase a presenza de visitantes no seu interior. Todas as normas explicaranse a través de carteis informativos e nos folletos, que xa non se darán fisicamente, pero que se poderán descargar nos teléfonos móbiles mediante códigos QR.
Deberase desfrutar do monumento coa máscara sanitaria posta agás aquelas persoas que estean exentas de usala, que terán que xustificalo e, en todo caso, manteren a distancia de seguridade. Todos os grupos irán acompañados por un/unha guía e só poderán acceder ao faro 15 persoas á vez e por hora, xa que a visita terá un máximo de duración de 45 minutos e o cuarto de hora restante servirá para acondicionar os puntos que teñan máis risco de contacto de cara ás seguintes quendas.
13 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible