20 de marzo de 2021
Tras coñecer a sentenza en que o TSXG considera legal que o 1A chegue até Santa Cristina, o Goberno local agarda que non se demore a autorización para que poida circular polo municipio oleirense e conformar así unha rede de transporte público metropolitano en condicións que evite o uso do coche e reforce o potencial económico e social da comarca
O Goberno Local ve positiva a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en que considera legal que a liña de autobús urbano 1A traspase o límite municipal da Coruña e chegue até Santa Cristina. Para a alcaldesa, Inés Rey, o veredicto sintoniza coa idea do Goberno de crear unha rede de transporte metropolitano estendendo as liñas urbanas á primeira coroa metropolitana co fin de mellorar o transporte público e facelo máis eficiente, tal e como llo levan demandando á Xunta desde hai un ano. Deste xeito, o Goberno presidido por Inés Rey aposta pola prolongación do percorrido do 1A durante todo o ano e non unicamente na tempada estival e pon como exemplo a frutífera colaboración entre os concellos da Coruña, Culleredo e Arteixo que permite que a liña 6 remate o seu itinerario no municipio arteixán e que a 24 realice un servizo nos termos da Zapateira, que pertencen a Culleredo e mais a Arteixo.
Deste xeito, agárdase que con este pronunciamento xudicial non se demoren en autorizar este itinerario que evitaría que moitas/os veciñas/os da Coruña e Oleiros usasen o coche. Ademais, sería unha opción de transporte para se trasladar ás praias da comarca durante o verán, que repercutiría nunha redución da contaminación. O aumento de paradas noutro lado da Pasaxe suporía unha mellora substancial das comunicacións xa que hoxe en día non se pode entender A Coruña sen os seus municipios lindeiros.
12 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible