Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de noviembre de 2020

A Concellería de Deportes convoca o segundo Concurso de Nadal deportivo e creativo

No dito concurso poderá participar todo o alumnado das Escolas Deportivas Municipais. As bases están colgadas na páxina web municipal de Deportes

O Concello, a través da Concellería de Deportes, convoca por segundo ano consecutivo o Concurso de Nadal deportivo e creativo co fin de que as familias das Escolas Deportivas Municipais amosen as súas habilidades creativas. As bases do concurso están colgadas na páxina web municipal de Deportes: Concurso de Creatividade de Nadal 2020/21

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que formen parte do alumnado das Escolas Deportivas Municipais, incluso as da piscina de Riazor, que aínda non puideron realizar a renovación.

As candidaturas débense achegar nunha caixa xunto co formulario de inscrición. O prazo para presentalas remata o día 13 de decembro ás 14.00 horas, e débense entregar na CD Riazor, CD Torre ou no Barrio das Flores, sen necesidade de pedir cita previa. Os debuxos e os adornos expoñeranse na CD de Riazor ata o 7 de xaneiro de 2021 e o debuxo gañador será utilizado como postal de Nadal da Concellería de Deportes. Ademais, as persoas que gañen en cada unha das modalidades recibirán un agasallo desta concellería na semana do 21 de decembro de 2020.

O concurso ten dúas modalidades. A primeira, "Debuxo de Nadal", debe ter un motivo desta época do ano e tamén deportivo, e poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos. Este ano, debido á Covid-19, cada neno ou nena deberá facer o seu debuxo na casa e entregalo nun sobre cerrado xunto co formulario de inscrición. A segunda modalidade é a de "Adorno de Nadal", feito con material reciclado, que se pode realizar en familia e coa única condición de que unha das persoas da familia sexa das escolas deportivas do Concello da Coruña.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión