Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de enero de 2023

A Coruña acolle por primeira vez, esta fin de semana, a Copa Princesa de voleibol feminino

A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral, recibiu hoxe en María Pita á directiva, corpo técnico e xogadoras do Club Voleibol Zalaeta, único representante galego na competición

A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral Cabanas, recibiu hoxe en María Pita á directiva, corpo técnico e xogadoras do Club Voleibol Zalaeta, único representante galego que tomará parte, esta fin de semana, na disputa da Copa Princesa de voleibol feminino, competición que terá logar no pavillón polideportivo do Barrio das Flores.

Será a décimo sexta edición do torneo, que mide aos seis mellores conxuntos da Superliga Feminina 2 de voleibol cun aliciente moi especial para a cidade, xa que é a primeira vez na historia desta competición na que A Coruña é o fogar da cita, un dato posto en valor por Diana Sobral, que apuntou que, "unha vez máis, a cidade e as súas infraestruturas deportivas amosan estar máis que capacitadas para acoller grandes eventos como este, que pola súa dimensión tamén contribúen a concienciar á cidadanía sobre a importancia de impulsar a visibilidade do deporte feminino".

O torneo da Copa Princesa, no que tamén toman parte os equipos MCR Premià de Dalt, Melilla Sport Capital, o Club Voleibol Barcelona, Cartagena Algar e Extremadura Arroyo, dará comezo este venres, día 6, coa primeira xornada da fase de grupos, que abrirán Premià e Melilla, ás 10.00 horas, no pavillón do Barrio das Flores. O conxunto coruñés do Club Voleibol Zalaeta, que adestra Jorge Barrero, sairá á pista de xogo ás 20.00 horas do venres, fronte ao Cartagena Algar.

A concelleira Diana Sobral trasladou os seus mellores desexos ao club presidido por Nicolau Santos. No acto de recepción ao Club Voleibol Zalaeta, ademais de Nicolau Santos e Jorge Barrero, tamén estiveron presentes José Díaz Fidalgo, presidente emérito e fundador da entidade; María Estrella Pérez Freire, vicepresidenta do club e directora do IES de Zalaeta; Emilio Salorio, asistente do adestrador do club; e Francisco Javier Díaz Martínez, en calidade de delegado federativo da Real Federación Española de Voleibol.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión