Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de marzo de 2020

Benestar Social ofrece actividades en liña do programa sociocultural da Rede de Centros Cívicos

As e os veciños, estean inscritas/os nelas ou non, poderán desfrutar na internet de titoriais gravados polo profesorado de pilates, debuxo, baile, novas tecnoloxías, bordado ou estimulación cognitiva. A concellería colgará as clases a través de YouTube, na ligazón https://www.youtube.com/channel/UCDb6atcllVxhclzM43Z-krg, e irá ampliando as opcións segundo as necesidades das e dos coruñeses

A Concellería de Benestar Social pon a disposición da cidadanía na internet o Programa de Actividades Socioculturais da Rede de Centros Cívicos, un referente na dinamización sociocultural da veciñanza e os barrios da cidade á que o concello lle dá agora unha volta co fin de seguir trazando unha rede en liña e evitar agravantes entre as persoas que están sen compaña nestas semanas de confinamento. De feito, a iniciativa é unha das vías que a concellería emprega desde hai anos como medio de prevención da soidade e a creación de relacións entre as persoas.

As e os monitores que imparten as distintas actividades na Rede de Centros Cívicos gravaron unha serie de vídeos para lles dar continuidade aos contidos traballados nas súas clases e que están subidos á canle de YouTube denominada Coruña Acompaña, á que se pode acceder a través da ligazón https://www.youtube.com/channel/UCDb6atcllVxhcIzM43Z-krg.

Nesta canle, poderanse atopar os vídeos nas diferentes listaxes de reprodución, en función da temática da actividade. Dese modo, as persoas que o desexen, estean inscritas nalgunha actividade ou non, poderán velos e seguir as clases desde a casa. Nunha primeira fase, os titoriais que se poderán desfrutar na canle de YouTube Coruña Acompaña son de:

  • Actividade física: de cara a combater o sedentarismo actual en que está a cidadanía, colgaranse sesións de Pilates, Hixiene postural, Ximnasias de mantemento de diferentes niveis de dificultade.
  • Actividades de expresión plástica: que brindarán a oportunidade de aproveitar o tempo libre do que se dispón para abordarmos diferentes técnicas manuais. Inclúese un curso de iniciación ao Debuxo e á Pintura, un obradoiro de iniciación ao Coiro, así como obradoiros de Calceta, Gancho ou Bordado.
  • Actividades de expresión corporal: propostas de Ritmos latinos, Baile moderno para practicar coas/cos máis pequenas/os da casa, así como Aerobic latino para se exercitar ao ritmo da música.
  • Novas tecnoloxías: un obradoiro destinado a coñecer os recursos que as novas tecnoloxías brindan de cara a mellorar o día a día. Este apartado estará especialmente orientado a combater a brecha dixital que afecta a amplos sectores da sociedade.
  • Estimulación cognitiva: tratando de non romper co traballo que se vén facendo na rede de centros cívicos municipais pola saúde cognitiva das persoas maiores, ofrecerase unha proposta de traballo en liña con vídeos de exercicios e materiais didácticos descargables para exercitar a mente e mais a memoria.

Este proxecto irase adaptando ás necesidades que formule a cidadanía durante este período e que se anunciarán segundo se amplíen as opcións.

Con esta iniciativa, Benestar Social pretende facer máis levadeira esta corentena e que as e os coruñesas se sigan exercitando, que creen, pensen e desfruten desde as casas ata que se poida volver a frecuentar a rede de equipamentos públicos deseñados para a cidadanía.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión