Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de julio de 2021

Costa da Unión, Nicaragua e o tramo que cruza con Pla y Cancela inverterán o sentido da circulación a partir de mañá

Os traballos para o cambio de sentido no tráfico comezan este xoves ás 9.00 h

Mañá procederase ao cambio de sentido na circulación da rúa Costa da Unión, rúa Nicaragua e o tramo que cruza coa rúa Pla y Cancela co fin de mellorar a seguridade na zona, facilitar o paso dos buses urbanos. Este cambio evitará que os automóbiles, en especial os buses, teñan que facer complexas manobras e "serpear" para pasar da Costa da Unión a Marcial de Adalid.

Deste xeito, a rúa Costa da Unión pasa a ser de subida e a rúa Nicaragua de baixada, de xeito que os vehículos poderán enlazar directamente con Marcial del Adalid e Linares Rivas. Os traballos de sinalización destas vías, a reprogramación semafórica e todo o relativo ao cambio de sentido da circulación comezarán este xoves a partir das 9.00 h e estenderanse até o mediodía.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión