Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de mayo de 2023

En marcha as obras de mellora no parque infantil da praza de Pontevedra, onde se introducirán novos xogos inclusivos con 42 prazas adaptadas

Os traballos xa comezaron coa disposición do valado perimetral que acouta a zona de intervención. Hoxe está previsto comezar a retirar os antigos bambáns, que serán substituídos por novas estruturas de xogo

O Concello da Coruña puxo en marcha os traballos de mellora previstos no parque infantil da praza da Pontevedra, onde se introducirán novos xogos inclusivos. Ademais, ampliarase de 5 a 42 o número de prazas adaptadas ás nenas e nenos con mobilidade reducida.

Esta iniciativa abre camiño ao plan de execución dunha das propostas xurdidas dos orzamentos participativos, que abrangue intervencións similares noutros catro parques infantís da cidade: na praza Casares Quiroga (Elviña), na rúa Fragas do Eume (Novo Mesoiro), a praza Elíptica (Os Rosales) e o parque de Vioño.

En todos eles está previsto acometer unha remodelación dos accesos ás instalacións de xogo, ademais de melloras no pavimento, mudando os pisos de area por un firme de caucho, co obxectivo de reforzar a seguridade e comodidade das pequenas e pequenos.

Hoxe comeza a retirada dos antigos xogos infantís da praza de Pontevedra

As obras para mellorar a área de xogos infantís iniciáronse onte coa disposición do valado perimetral necesario para acoutar a zona de intervención. Tras este primeiro paso, hoxe está previsto comezar a retirada dos antigos bambáns, que serán substituídos por novas infraestruturas de xogo, con prazas adaptadas.

Neste sentido, instalarase unha estrutura diábolo con capacidade para 33 persoas usuarias, así como un bambán modalidade berce, deseñado para tres persoas usuarias. Tamén se habilitará un segundo bambán, que combinará unha cesta cunha silla-arnés, con capacidade para seis persoas usuarias. 

O plan de traballo establece que as melloras nos parques infantís da praza de Pontevedra, Elviña, Os Rosales, Vioño e Novo Mesoiro completaranse nun prazo máximo de seis meses. En todo caso, as cinco intervencións iranse levando a cabo de forma progresiva e, nalgúns casos, de forma coincidente -en función das datas de recepción das estruturas de xogo-.

No referente á área de xogos infantís da praza de Pontevedra, a estimación do Servizo municipal de Infraestruturas é que reabrirá, xa cos novos xogos accesibles e 42 prazas adaptadas, dentro de dúas ou tres semanas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión