Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de septiembre de 2021

Inés Rey: “Hai 25 anos que o Concello apostou por un modelo de xestión de residuos sostible e hoxe temos a firme vontade de apuntalar ese modelo”

A alcaldesa lembrou hoxe o 25 o aniversario da caída do vertedoiro de Bens. Un gran desastre ecolóxico que supuxo, dixo, un antes e despois nas políticas de tratamento de residuos en España. Anunciou que este mesmo mes se adxudicará a redacción do novo contrato para a xestión da planta de Nostián.

A alcaldesa, Inés Rey, lembrou hoxe o 25.º  aniversario da caída do vertedoiro de Bens. Un desastre ecolóxico que supuxo, dixo, un antes e despois nas políticas de tratamento de residuos da Coruña e de moitas cidades de España. "O Concello foi pioneiro á hora de apostar por un modelo de reciclaxe máis sostible e ecolóxico. Foi un Goberno socialista o que iniciou un camiño moito antes de que se empezase a falar das tres R, reducir, reciclar e reutilizar, cando aínda non existía a conciencia medioambiental que hai hoxe en día", apuntou Rey.

"25 anos despois temos un reto por diante. Seguimos apostando polo modelo de Nostián. Seguimos a senda dun Goberno valente que dun accidente abriu unha gran oportunidade", dixo Rey, quen subliñou que "queremos converter a planta de Nostián nunha verdadeira planta de reciclaxe e compostaxe, e reducir a porcentaxe de refugallos que non se reciclan".

A alcaldesa anunciou que o Goberno local adxudicará este mes a redacción do documento para a adecuación das instalacións da planta de reciclaxe de Nostián ás novas normativas vixentes, para a renovación das súas instalacións, así como para a licitación do contrato de concesión de servizos de tratamento de residuos para a xestión da planta.Trátase do contrato mais cuantioso do Concello, que terá unha duración de 15 anos, e que deberá adaptarse aos novos retos medioambientais e de sostenibilidade actuais.

O obxectivo tamén é que se manteñan os postos de traballo na planta. Ademais, porase en marcha unha campaña para mellorar a reciclaxe de orixe e a separación nos fogares para reducir a porcentaxe de refugallos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión