Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de noviembre de 2021

O Concello abre o acceso sueste ao barrio de Xuxán pola rúa Santa Teresa de Jornet

Esta intervención permitirá ao barrio dispor de dúas vías para entrar e saír e desconxestionará a antiga estrada de Eirís

O Concello da Coruña rematou este luns os traballos necesarios para a apertura da rúa Santa Teresa de Jornet, no barrio de Xuxán. Esta vía constitúe o acceso sueste a esta zona urbanizada, o segundo dos accesos executados pola concellaría de Urbanismo, Mobilidade, Vivenda e Infraestruturas que dirixe Juan Díaz Villoslada.

Ata o de agora, todas as entradas e saídas ao barrio de Xuxán realizábanse pola rotonda de Eirís. Este novo acceso sirve tamén para desconxestionar a antiga estrada de Eirís, que estaba soportando unha alta capacidade de vehículos e cuxas circunstancias desaconsellábano.

O orzamento de execución destes traballos foi de 255.251,24 euros. Os traballos serviron para dar continuidade a unha sección xa executada de Santa Teresa de Jornet de 18 metros. Conta con dous carrís (un por sentido), beirarrúas accesibles de tres metros e dúas bandas de aparcadoiro en liña. O proxecto propón tamén a colocación de arboredo.

O Goberno de Inés Rey aprobou na última Xunta de Goberno Local a adxudicación das obras de urbanización do barrio de Xuxán, que permitirán dotar ao barrio de todos os servizos complementarios e habilitar o resto de accesos por estrada. Os traballos pendentes executaranse por 11,3 millóns de euros e terán un prazo de 18 meses. O Concello tamén autorizou a construción dun edificio residencial e de usos terciarios no barrio de Xuxán, que permitirá dotalo de 90 novas vivendas.

No que vai de mandato o Goberno de Inés Rey fixo un investimento total no Distrito 8, ao que pertencen Xuxán e Eirís, de 2.455.000 euros en 22 intervencións executadas ou en execución.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión