19 de septiembre de 2022
Os novos dispositivos detectarán cando se aproxime unha persoa cega a través dunha aplicación ou un dispositivo, o que permitirá que o sinal acústico se active
O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, presentou hoxe o novo sistema acústico que se instalará nos semáforos da cidade para persoas invidentes. Esta demostración levouse a cabo no cruzamento entre as rúas Juaz Flórez e Médico Rodríguez e formou parte da programación da Semana Europea da Mobilidade, que continuará ata este xoves 22. Díaz Gallego estivo acompañado de Manuel Martínez Pan, delegado territorial da ONCE.
O Goberno de Inés Rey levará a cabo a renovación de 226 dispositivos acústicos para invidentes na cidade, reemprazándoos por estes novos sistemas, que contan con tecnoloxía Bluetooth e activación a distancia a demanda. Ademais, instalaranse outros 18 dispositivos novos en lugares acordados coa ONCE. O asesoramento sobre o funcionamento e a instalación do software requerido ou o suministro do mando inalámbrico correrá a cargo da ONCE.
A través dunha aplicación móbil con conexión Bluetooth ou dun mando, o sistema acústico detectará cando hai unha persoa invidente no semáforo e activará o son do sinal para facilitar o cruce. Isto, tal e como apuntou Díaz Gallego, será beneficioso para as persoas invidentes, pero tamén para os veciños e veciñas, xa que o volume do sistema acústico desactivarase se non se detecta a unha persoa cega, o que facilitará o descanso, sobre todo polas noites.
Esta mellora conta cun orzamento de case 600.000 euros. Está previsto que a instalación quede completada nos próximos catro meses. Ademais, dentro destas melloras de mobilidade e accesibilidade tamén se inclúe a instalación de 364 sistemas dinámicos de información ao usuario sobre o tempo do semáforo de cruce en verde e vermello, a renovación de 79 reguladores semafóricos controlados na sala de control de tráfico e a ampliación da rede de comunicacións de fibra óptica con 21 novos nodos de comunicacións.
O Goberno de Inés Rey continúa a promover unha mobilidade máis eficaz e sostible para todas as persoas. Desde a Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Insfraestruturas e Mobilidade estanse a realizar actuacións en distintos puntos da cidade para facilitar unha accesibilidade total.
Semana da Mobilidade
Durante esta semana continuarán as actividades da Semana Europea da Mobilidade, que teñen como obxectivo concienciar á cidadanía sobre a mobilidade sostible, a educación viaria, a accesibilidade universal e a necesidade de adoptar novos hábitos ecolóxicos neste eido. Como novidade, estanse a celebrar actuacións musicais en diferentes rúas peonís da cidade onde se levaron a cabo actuacións de mellora nos últimos anos.
PROGRAMA
LUNS 19. Accesibilidade.
MARTES 20. Conectando Coruña.
MÉRCORES 21. Educación viaria.
XOVES 22. Día sen coches en San Andrés (de 15:30 h a 20:30 h).
STOP ACCIDENTES
MOBI-LIZA
GRUPO DE ACCESIBILIDADE CORUÑA
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible