Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de marzo de 2023

O Goberno municipal mantén encontros con axentes sociais para avanzar na regulación dos pisos turísticos na Coruña

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, reuniuse hoxe con diversas asociacións e entidades para escoitar as súas propostas e demandas para o desenvolvemento dunha normativa específica

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, mantivo hoxe en María Pita encontros con diversas asociacións e entidades do tecido hostaleiro e inmobiliario, para escoitar as súas propostas e necesidades de cara ao desenvolvemento dunha normativa reguladora dos pisos de uso turístico na que está a traballar o executivo de Inés Rey.

Ao longo da mañá, o concelleiro reuniuse con representantes da Asociación de Administradores de Predios, a Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña (Hospeco), a Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña (Aproinco), a Asociación de Inquilinos da Coruña, a Asociación de Viviendas Turísticas de Galicia (Aviturga) e do Colegio Oficial de Agentes de la Propiedad Inmobiliaria.

O obxectivo, subliñou Díaz Gallego, é escoitar a todos os sectores afectados para acordar as posibles medidas a executar, que poderían pasar por unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente e pola aprobación dunha nova ordenanza. Para tal fin, o executivo de Inés Rey constituirá unha mesa de traballo cos distintos sectores, á que se convidará á Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.

"Buscamos que haxa pluralidade e prestar atención a todas as partes implicadas, sen perder de vista a evolución recente do mercado inmobiliario na cidade, especialmente no referente aos alugueiros", apuntou o concelleiro, que lembrou que o Goberno municipal está a traballar na elaboración dun censo que detallará, do xeito máis minucioso posible, os aloxamentos deste tipo que existen na Coruña.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión