26 de marzo de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que das 10.00 ás 21.00 horas, a cidadanía será protagonista dunha rúa que se está reactivando grazas a esta iniciativa Esta medida coincide coa apertura esta fin de semana do peirao de Transatlánticos
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá a ampliación aos domingos do peche do tráfico rodado en San Andrés co fin de que a veciñanza desfrute do bulevar sen a irrupción dos coches e impulsar de paso o comercio e a hostalaría dunha zona que brillou noutrora e que se está reactivando grazas a esta iniciativa. Tras comprobar o éxito de peonalizala os sábados pola tarde, amplíase nesta xornada o horario das 16.30 até as 21.00 horas e esténdese a medida aos domingos de 10.00 a 21.00 horas nunha aposta por crear máis espazos públicos e que as persoas sexan protagonistas.
Neste aspecto, coincidirá coa apertura este sábado do peirao de Transatlánticos á cidadanía: "Os coruñeses volveremos ver a cidade deste este peirao 20 anos despois. É unha gran nova que celebramos desde o Concello e que levabamos pedindo desde hai moitos meses".
Canto a San Andrés, o Goberno de Inés peonalizouna por primeira vez con motivo do Día sen Coches no pasado mes de setembro, e seguiuno facendo durante os sábados seguintes despois de que tanto veciñas/os como comerciantes comprobasen que a rúa recuperaba o ambiente que tiña no pasado. Desta forma, esta medida provisional será a antesala dunha gran reforma en que San Andrés se converterá nunha espiña dorsal sobre a que se asentará un modelo de espazo público diverso, compacto e socialmente cohesionado. A humanización desta rúa conseguirase gañando metros cadrados para a estancia e o lecer, reforzados con mobiliario urbano e árbores, así como impulsando o seu carácter comercial.
13 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible