7 de septiembre de 2020
A entidade sen ánimo de lucro levará a cabo actividades de formación e difusión da mediación na cidade
O Concello da Coruña ven de asinar un convenio co Círculo de Mediación de Galicia, unha entidade sen ánimo de lucro que ten como fin a resolución de conflitos empregando a mediación como alternativa á vía xudicial.
A entidade ten colaborado coa Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, que dirixe Yoya Neira, durante o tempo de confinamento decretado durante a pandemia do Covid-19, período no que a asociación implicouse na resolución de máis de un centenar de conflitos veciñais na cidade.
O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, asinou esta mañá o convenio de colaboración coa presidenta da entidade, Mercedes Sierra Fernández-Victorio, acordo mediante o cal o Concello achega 15.000 euros para contribuír á difusión e formación en mediación na cidade en distintos ámbitos. "A difusión da cultura da mediación terá efectos moi positivos e vai en liña coa idea global do goberno que preside Inés Rey de defensa do diálogo e a busca de acordos", indicou Lage Tuñas.
Pola súa parte, Mercedes Sierra amosou a súa satisfacción pola posibilidade que lles brinda o convenio para difundir os valores da mediación: "Aforra tempo e desgustos e e as persoas senten máis apoiadas si poden chegar a un acordo", indicou.
O obxectivo do convenio é o de "sentar as bases para facilitar accións municipais mediante a difusión, o coñecemento, a formación e a capacitación das persoas partícipes e destinatarias dun futuro servizo que facilite a actuación municipal a través de mediación como vía de pacificación necesaria e frutífera que se ofrece á cidadanía", indica o texto do acordo.
14 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible