20 de mayo de 2020
As novas limitacións entrarán en vigor en cada unha das vías no momento en que se coloquen os sinais.
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a declaración da Coruña como "Cidade 30". Isto significa que a limitación xeral de velocidade na cidade será de 30 km/h en todas as vías urbanas, salvo algunhas excepcións. A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor esta medida ao sinalar que, "trátase dunha actuación importante dentro da aposta do Goberno local por unha mobilidade sostible; o noso plan de mobilidade inclúe outras medidas como a regulación dos vehículos de mobilidade persoal (VMP), a mellora do transporte público, o uso da bicicleta, e a ampliación das zonas peonís".
Deste xeito, engadiu a rexedora, "o concello dalle o protagonismo as peoas e os peóns, reduce a siniestralidade, coida o medio ambiente e gaña máis espazos públicos".
Esta limitación entrará en vigor en todas as vías da cidade, coa excepción do eixe das rúas Sánchez Bregua-Juana de Vega-Rexedor Somoza- túnel da praza de Pontevedra, que manteñen a velocidade máxima en 50 km/h. As rúas Ramón y Cajal, Fernández Latorre e a avenida de Pérez Ardá até a rolda de Outeiro tamén seguirán coa mesma limitación. A rúa Juan Flórez conserva a velocidade máxima de 50km/h, agás o carril dereito, cuxa velocidade máxima permitida será de 30 km/h.
A nova normativa recolle que nas rúas con plataforma única en calzada e beirarrúa, a velocidade será de 10 km/h, salvo o transporte público, que poderá circular a 20 km/h. As novas limitacións de velocidade entrarán en vigor en cada unha das vías no momento en que se coloquen os sinais.
As vías urbanas de dous ou máis carrís por sentido de circulación poderán ter unha limitación de 50 km/h, e naquelas cuxa configuración o permita, poderanse implantar carrís con limitación de velocidade a 30 km/h.
13 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible