16 de marzo de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, acompañada das concelleiras de Barrio e Medio Ambiente, Diana Cabanas e Esther Fontán, presentou esta tarde o proxecto, unha demanda histórica da veciñanza
Tras máis de seis anos de espera, o corredor verde de Novo Mesoiro será unha realidade este verán. A alcaldesa, Inés Rey, presentoulles esta tarde á veciñanza e mais ás e aos escolares do barrio o proxecto para a creación dunha senda natural entre as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume.
A alcaldesa comprometeuse a recuperar o proxecto do corredor verde, para o que as veciñas e veciños cederan os terreos, despois dunha reunión celebrada hai uns meses en que a asociación veciñal lle pediu á alcaldesa a creación dunha zona de lecer para o barrio.
A alcaldesa lembrou na xuntanza desta tarde que o corredor é unha demanda histórica da veciñanza que despois de moitos anos o Goberno local que encabeza logrou desbloquear. "Un proxecto que ten como obxectivo crear un espazo verde, garantir a accesibilidade a todas as persoas e mellorar a seguridade viaria", sinalou a rexedora.
A intervención ten como finalidade ordenar o interior da mazá entre os edificios situados entre as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume. Deste xeito, obterase unha área verde e de lecer para a veciñanza ao tempo que se revalorizará o espazo público aumentando a superficie vexetal, de paseo e xogo.
No proxecto actual, o corredor verde terá unha superficie de 7.000 m2 repartidos en dúas zonas de 3.500 m2 cada unha. A parte inferior contará cunha zona de xogos infantís aproveitando o desnivel existente na topografía do terreo. O novo parque disporá de mobiliario urbano, como bancos e mesas, para potenciar o paseo e o descanso das persoas usuarias.
Na actualidade, a parte central xa posúe unha zona peonil cun xogo de ramplas e escaleiras que resolven as conexións a distintas cotas coas rúas. Agora trazaranse novos camiños dun pavimento brando que conectarán o espazo central cos parques infantís xerando un paseo en medio dun xardín natural.
Plantaranse especies vexetais e árbores de porte baixo, como arces, photinias ou camelios, co fin de ocultar as traseiras dos garaxes existentes e mellorar as vistas desde as xanelas dos edificios que dan ao corredor verde.
Para Rey, a creación deste espazo vai na liña que segue o Goberno local de facer protagonista a todo os barrios, de crear novos espazos para o paseo e a convivencia, recuperar zonas abandonadas e aumentar as zonas verdes que poñan en valor os barrios: "É necesario seguir traballando, proxectando e investindo en barrios consolidados para mellorarmos as condicións de vida da cidadanía atendendo as demandas veciñais, escoitando e recollendo as súas propostas".
13 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible