Concello da Coruña

Concello da Coruña

UKR Son coruñesa

Son un cidadán/a da Coruña e quero colaborar

A colaboración poderá realizarse con doazóns a través de entidades ou inscribíndose na bolsa de familias acolledoras creada pola Oficina Municipal de Apoio ao Pobo Ucraíno (OMAPU) da Coruña.

Doazóns

En relación coas doazóns informámoslle das entidades e recomendacións que realiza o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en coordinación coa FEGAMP; e daquelas que, na Coruña, están a traballar coa protección internacional e as específicas de apoio ao pobo ucraíno.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en coordinación coa FEGAMP, facilita as seguintes indicacións para a canalización da solidariedade co pobo ucraíno.

Prégase NON facer provisión de alimentos, mantas ou outros materiais de primeira necesidade xa que as ONG que xestionan a repartición de axuda no terreo están colapsadas. Ademais, Rusia está a bombardear camións cargados con axuda humanitaria e non se pode garantir a distribución.

O máis eficaz é facer unha achega económica ás ONG ou administracións locais que están a dar apoio á poboación ucraína afectada, para comprar o que realmente precisan.

Vías de canalización de achegas económicas

Trasladan as seguintes vías de canalización de achegas económicas:

Entidades delegadas na Protección Internacional

Oficina.: Rúa Víctor López Seoane, 3-5 Baixo. 15007 A Coruña

Teléfono.: 881 06 98 02

Enderezo electrónico.: acoruna@accem.es

Para doazóns:

Bizum 04939 ou ES27 0049 1892 6828 1053 2056

Oficina: Rúa Cruz Vermella Española, 1. 15002 A Coruña

Teléfono.: 981 22 10 00

Enderezo electrónico: galicia@cruzroja.es

Enderezo electrónico para doazóns: pagago@cruzroja.es

  • Ecos do Sur

Entidades galegas de apoio ao pobo ucraíno

  • AGA-UCRAÍNA

Instagram AGA-UCRAÍNA

Facebook AGA-UCRAÍNA

Enderezo electrónico: aga.ucraina@gmail.com

Contas de AGA-UCRAINA para facer doazóns:

ES73 2080 0000 7230 4027 0691(ABANCA)

ES49 0049 7709 1122 1000 5663 (SANTANDER)

Familias acolledoras

En relación coas familias acolledoras, o concello da Coruña crea unha bolsa para acoller a persoas ucraínas que foxen da guerra e chegan á nosa cidade. Consiste nun rexistro de todas aquelas familias coruñesas que están dispostas a acoller a cidadás e cidadáns de Ucraína que non teñan onde aloxarse. Este acollemento será temporal, ata que a entidade Accem, responsable de tramitar o acceso ao Sistema de Acollida de Protección Internacional, lles asigne unha praza no devandito programa.

Para formar parte desta bolsa deberán cubrir o Formulario de inscripción a la bolsa de familias acogedoras e aceptar os compromisos que figuran nel.

A selección das familias de acollida será realizada por un equipo técnico municipal que se encargará do estudo e valoración da súa idoneidade así como o posterior seguimento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión