Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo de Canguros municipal

Servizo municipal de Canguros

Existen tres modalidades:

  • Espazos de atención á infancia
  • Ludotecas coeducativas
  • Atención á infancia a domicilio

1. ESPAZOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA

Idades: desde os 4 anos (ou estar escolarizado/a en 4.º de educación infantil) ata os 12 anos inclusive.

Días de servizo: de luns a venres (non festivos)

Horas por menor : 40 horas mensuais

Casuísticas de acceso:

  • Períodos lectivos: traballo, cursos de formación, entrevistas, citas médicas etc.
  • Período non lectivo: exclusivamente por motivos laborais ou cursos vinculados a unha prestación.

Espazos, horarios e localización:

RELACIÓN DE ESPAZOS

PERÍODO LECTIVO

PERÍODO NON LECTIVO

LABAÑOU

15:00 a 20:30 h

8:00 a 15:00 h

CASTRILLÓN

16:00 a 20:30 h

16:00 a 20:30 h

OS MALLOS

16:00 a 20:30 h

9:00 a 15:00 h

PALAVEA

16:00 a 20:30 h

8:00 a 15:00 h

MONTE ALTO*

8:00 a 15:00 h

MESOIRO*

8:00 a 15:00 h

*Funcionan como ludotecas en períodos lectivos.

RESERVA DE PRAZA:

  • Períodos lectivos: chamando ao servizo de canguraxe (673 132 372) das 8:00 ás 14:00 horas
  • Períodos non lectivos: ábrese un período de recollida de demanda de 15 días (contados de luns a venres) antes do inicio do período vacacional.

2. LUDOTECAS COEDUCATIVAS

Idades: desde os 4 anos (ou estar escolarizado/a en 4.º de educación infantil) ata os 12 anos inclusive.

Días de servizo: de luns a venres (non festivos)

Horas por menor: 40 horas mensuais

Casuísticas de acceso:

  • Períodos lectivos: calquera motivo
  • Período non lectivo: exclusivamente por motivos laborais ou cursos vinculados a unha prestación.

Espazos, horarios e localización:

RELACIÓN DE LUDOTECAS

PERÍODO LECTIVO

PERÍODO NON LECTIVO

MESOIRO

16:30 a 20:30 h

sábados de 10:30 a 13:30 h

MONTE ALTO

15:00 a 20:30 h

*En períodos non lectivos, as Ludotecas funcionan como Espazos de atención á infancia.

RESERVA DE PRAZA:

  • Períodos lectivos: chamando ao servizo de canguraxe (673 132 372) de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas
  • Períodos non lectivos: abrirase un período de recollida da demanda de 15 días (contados de luns a venres) antes do inicio do período vacacional escolar.

3. ATENCIÓN Á INFANCIA A DOMICILIO

Idades: desde os 4 meses ata os 12 anos inclusive

Días de servizo: de luns a venres (non festivos)

Horario do servizo: 7:30 a 22:00 horas

Uso diario: mínimo ½ hora, máximo 6 h

Horas por unidade familiar: 40 horas anuais repartidas en 20 horas por semestre natural, non acumulativas.

Casuísticas de acceso: exclusivamente por motivos laborais

SOLICITUDE DO SERVIZO

  • Chamar ao Servizo de Canguraxe (673 132 372) ou, en caso de non poder contactar, ao CIM (981 184 356) mínimo con 2 días de antelación ao comezo do servizo (non computan para ese efecto as fins de semana e festivos). Se o primeiro día do servizo fose un luns, o último día para solicitalo sería un xoves.
  • Cubrir un parte de servizo co persoal técnico municipal que será remitido a través do correo canguraxe@coruna.gal para a súa confirmación.
  • Anulacións do servizo solicitado: chamando ao servizo de canguraxe 2 días antes do inicio do servizo (non computan para ese efecto as fins de semana e festivos).

Máis información en:

Servizo de Canguraxe Municipal

Centro de Información ás Mulleres

Rúa Hortensias, 11

Teléfonos: 673 132 372 e 981 18 43 56

Horario de atención telefónica: de 8.00 a 14.00 h

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión