Concello da Coruña

Concello da Coruña

Equipamento

Fundación Marta Ortega Pérez (MOP Foundation)

Enderezo:

Peirao de Batería 13A. 15006 A Coruña

Páxina web:

https://themopfoundation.org/es

Servizos:

Exposicións.

A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) é unha entidade privada sen ánimo de lucro cuxa actividade consiste na celebración de exposicións de primeiro nivel e está estruturada sobre tres alicerces: a moda, a fotografía e A Coruña.

Para o Centro MOP recuperáronse uns antigos silos e unha nave industrial para transformándoos nun espazo cultural accesible á cidade, sendo a relación desta co mar a gran protagonista.

O centro MOP da fundación está situado na zona portuaria da Coruña e foi deseñado pola arquitecta coruñesa Elsa Urquijo.

Helmut Newton - Fact & Fiction segue o ronsel das mostras dedicadas a Peter Lindbergh (2021) e Steven Meisel (2022).

Así, o público poderá gozar e experimentar en primeira acode a arte de Helmut Newton quen, ao longo de seis décadas de carreira, chegou a ser considerado un dos fotógrafos máis importantes do mundo.

A selección de fotografías que conforma a exposición inclúe as súas icónicos "grandes espidos" e os inesquecibles retratos de personaxes excepcionais como Andy Warhol, David Bowie, Margaret Thatcher, Charlotte Rampling, Elsa Peretti, Daryl Hannah, Jerry Hall, Naomi Campbell, Yves Saint Laurent e Karl Lagerfeld.

Como contrapunto ás súas imaxes máis emblemáticas, a exposición inclúe exemplos de paisaxes "menos coñecidas" e descobre a faceta persoal do artista a través dunha serie de vídeos e imaxes persoais e outros documentos como carteis, cámaras e equipos, accesorios, obxectos curiosos e recordos.

Helmut Newton: Fact&Fiction pode visitarse no Peirao de Batería coruñés, con entrada libre, ata o 1 de maio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión