Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Inaugurado o día 14 de xullo de 1992. A empresa que realizou as obras foi Ginés e Navarro (actualmente ACS).
San Roque de Fóra, Zona Escravas
Inauguración do día 8 de maio de 1995. A empresa adxudicataria das obras foi Cubertas e Necso (anteriormente Cubertas e Mzov).
Maestranza - Fonte dos Surfeiros
Inauguración o día 26 de febreiro de 1996. A empresa que realizou as obras foi a UTE de Arias Irmáns, Sacyr e Segundo Rodríguez.
Existe unha parcela de 3000 metros cadrados, coñecida anteriormente como Leira dos Mariño, habilitada como miradoiro na zona do Matadoiro. Inauguración: 3 de xullo de 2009
Escravas - Millenium
O día 10 de xuño de 1999 inaugúrase un tramo de 500 m. construído polas empresas Necso e Entrecanales e Cubertas.
O día 13 de agosto de 1999 inaugúrase un nova tramo de 300 m.
Millenium - Rosales
Inauguración o día 11 de outubro de 1999 dun tramo de 160 m.
Rosales - Portiño
Inaugúrase un tramo de 2.3 Km. construído pola empresa ACS.
LONXITUDE
Na actualidade, o Paseo Marítimo mide aproximadamente 12 Km.
No tramo final do paseo marítimo, nun dos aparcadoiros do acceso ao porto do Portiño hai unha área para o estacionamento de autocaravanas. Ten unha capacidade de 12 prazas, con conexións aos servizos de luz, auga potable e rede de sumidoiros.
Inaugúrase o día 25 de xullo de 2006.
DATOS DE INTERESE
No último tramo construído do Paseo Marítimo (Portiño), descubríronse os restos dunha praia fósil con miles de anos de antigüidade. Estes restos atópase acristalados e teñen un panel informativo.
Na coraza que divide as praias de Riazor e Orzán están instaladas as bandeiras da Comunidade Autónoma de Galicia e a Española.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible