Titularidade: Área Municipal de Servizos Sociais, Cultura, Deportes e Educación
Condicións de uso
- Cesión gratuíta.
- Período máximo de cesión: 20 días hábiles
Destinatarios
- Mozos creadores de entre 15 e 35 anos, nados, residentes, traballadores ou estudantes no Concello da Coruña. Os menores de idade estarán representados polo pai, a nai ou o titor legal.
- Colectivos de artistas, nos que polo menos do 75% das persoas que o integren estean vinculados a este municipio.
- Centros educativos que impartan estudos regrados oficiais vinculados coa creación artística.
- Entidades sen ánimo de lucro, que promovan exposicións vinculadas coa creación ou a cultura xuvenil.
Obras a expoñer
- Artes visuais: debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, performance, pintura, videoarte, etc.
Servizos
- Iluminación.
- Sistemas de suxeición e soportes adecuados para a exposición de artes plásticas e arte multimedia.
- Rede Wifi.
Solicitude da sala para exposicións
Documentación
- Impreso de solicitude específico (pódese recoller nas oficinas do Rexistro Xeral Municipal ou descargar da páxina web: www.coruna.es/nex)
- Currículo vitae e artístico (breve) das persoas que queren expoñer as súas obras.
- Dossier coa relación de obras que integran a exposición (papel, arquivo informático, CD, DVD, etc.) e ficha técnica de cada obra (título, medidas, material utilizado, data de realización, etc) e imaxes dela en formato alta calidade (1 MB) en formato JPG.
- Memoria descritiva da exposición onde o artista pode expor cuestións que considere necesarias (necesidades expositivas, organización espacial da exposición, etc.)
Unha vez proposta a solicitude para ser autorizada e como requisito previo para a concesión da autorización, o Concello poñerase en contacto coa persoa que presenta a solicitude para achegar a seguinte documentación:
- Copia do DNI de todas as persoas que partipan na exposición.
- Documentación que demostre a súa vinculación coa cidade das persoas que participen na exposición (xustificante de padrón, matrícula de estudos, certificado de empresa, etc.)
- Impreso de autorización asinado polo pai, a nai ou o titor legal, en caso de menores de idade.
Lugar de tramitación: Rexistro Xeral Municipal