Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ágora

Bebescena primavera 2018

A quen vai dirixido?:

Espectáculos para público de 1 a 3 anos

Cando:

Dende o 28/01/2018 ata o 27/05/2018

Horario:

11.30 e 13.00 h

SOLICÍTASE PUNTUALIDADE. UNHA VEZ COMEZADO O ESPECTÁCULO NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA.

Enderezo:

Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6 €

Menores de tres anos: 2 €

Capacidade reducida

**Todas as persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada

Televenda:

Ticketea

Documentos:

Programa Bebescena primavera 2018 (269 KB)

Espectáculos para público de 1 a 3 anos

Quen non asistise nunca a unha función de teatro para bebés adoita mostrar escepticismo, pero os que o fixeron, repiten. A emoción que destilan estas obras (cando son de calidade) tanto no escenario como no patio de butacas é de alta intensidade. Na realidade, non é entre o patio de butacas senón entre o público porque, en estrito sentido, patio de butacas non hai. As obras para estes espectadores tan precoces observan algúns requisitos e un deles é a proximidade entre escena e espectadores, o que leva a que o patio de butacas se transforme nunha zona pegada ao escenario con tatamis, coxíns, pequenos bancos... nos que os nenos poden permanecer sentados con menos rigor e dun xeito máis acorde á súa anatomía, á beira dos seus pais. O segundo requisito é a duración: entre media hora e 40 minutos é o tempo que a atención dun bebé pode fixarse.

Son propostas moitas veces sen palabras que espertan sensibilidades e transmiten emocións achegándonos ao teatro, á danza, á música, á vida.

As artes escénicas para bebés é algo máis amplo que a contemplación estética durante os 30 minutos de espectáculo, consiste nunha experiencia onde o bebé acciona, reacciona e interacciona desde a súa chegada até a súa saída coa súa familia acompañante, con outros bebés e coa contorna. O teatro é por definición un feito social, un acto compartido en comunidade e representa para o bebé tamén un valor ritual, un acto iniciático que lle dá a benvida á vida en sociedade.

Cremos que todas as experiencias vividas nos primeiros anos de vida son fundamentais.

Espectáculos representados por actores, músicos, bailaríns e outros profesionais expertos en primeira infancia, onde todo é posible sobre o escenario: as ilusións ópticas, os estados de equilibrio inexplicables, as danzas raras, as voces suxestivas, os obxectos estraños que aparecen desde os lugares máis insospeitados... Nun momento onde aínda se están formando os sentidos, é marabilloso -en sentido literal- descubrir que as pingas de auga fan un ruído característico ou distorsionan unha imaxe, que a area é suave ou que na man de calquera se esconde un caracol (e, senón, que lles pregunten aos dedos índice e meñique). Polo tanto, se algo ensina o teatro para bebés é que non só de palabras se alimentan os humanos, en especial os máis pequenos.

Sempre no ÁGORA con pases ás 11.30 e 13.00 h

VENDA DE ENTRADAS

DESPACHO CENTRAL DA PRAZA DE OURENSE: de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

DESPACHO DE ÁGORA: aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

TELEVENDA: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h e domingos de 16.00 a 21.00 h)

www.ticketea.com

Entidades

Compartir en Tuenti
  • Ayuntamiento de A Coruña Concello da Coruña
  • Logotipo FEDER
  • Logotipo Urbana-C
    • Ayuntamiento de A Coruña / Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • Teléfono: 981 184 200 | 010
     ¦ 
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?