Concello da Coruña

Concello da Coruña

Percorrido e incidencias no tráfico

PERCORRIDO

A proba levarase a cabo sobre a distancia de 21.097,50 metros. O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo e discorre sobre asfalto na súa totalidade.

A ruta estará debidamente sinalizada e terá marcados todos os quilómetros. A carreira realizarase unicamente pola vía de tráfico rodado en todo o seu percorrido, excepto as zonas peonís sinalizadas como circuíto.

Está prohibido usar como zonas de carreira as beirarrúas, glorietas, áreas axardinadas e todo o que exceda os límites do circuíto sinalizado.

Incumprir esta norma, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das persoas infractoras.

A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.

Pode consultar e descargar o percorrido na seguinte ligazón ou no documento adxunto no pé de páxina: Percorrido XVIII C21 e 5K - 2026

INCIDENCIAS NO TRÁFICO

Os traballos para a montaxe do circuíto comezarán nos días previos, pero non será ata a madrugada do día da proba, domingo 01/03/2026, cando se realicen os cortes de tráfico que afecten á poboación en xeral.

Así mesmo todas estas incidencias no tráfico, así como outras que se puidesen dar na cidade, poderanse consultar na web do Concello da Coruña, no apartado de Avisos e Incidencias de Mobilidade (https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/avisos-e-incidencias/avisos-mobilidade).

Outros contidos relacionados

  • Percorrido XVIII C21 e 5K - 2026 (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión