Concello da Coruña

Concello da Coruña

Carreira de menores

Carreiras de menores nos seguintes horarios, categorías e distancias

As inscricións (gratuítas) realizaranse ata o venres 25 de setembro (fin do prazo de inscrición ordinario):

Non se admitirá ningún/a corredor/a sen estar inscrito/a e sen o dorsal correspondente co chip incorporado

Categoría Horario* Ano de nacemento Distancia
Sub-18 11.45 Nados/as nos anos 2009/2010 2.500 m. aprox.
Sub-16 12.00 Nados/as nos anos 2011/2012 2.500 m. aprox.
Sub-14 Feminino 12.15 Nadas nos anos 2013/2014 1.425 m. aprox.
Sub-14 Masculino 12.30 Nados nos anos 2013/2014 1.425 m. aprox.
Sub-12 Feminino 12.45 Nadas nos anos 2015/2016 845 m. aprox.
Sub-12 Masculino 12.55 Nados nos anos 2015/2016 845 m. aprox
Sub-10 Feminino 13.05 Nadas nos anos 2017/2018 845 m. aprox.
Sub-10 Masculino 13.15 Nados nos anos 2017/2018 845 m. aprox.
Peques 13.25 Nados/as nos anos 2019 e posteriores 150 m. aprox.

*Os horarios son aproximados, dependerán do volume de participantes de cada categoría. A organización pode facer variar carreiras en cada idade.

Atletas con discapacidade: establécense tres categorías para atletas con discapacidade, que poderán participar na categoría de menores que lles corresponda. No caso de necesitar algún tipo de adaptación na distancia para percorrer deben solicitalo ao correo electrónico info@carreirasgalegas.com.

  1. Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á impulsión das mesmas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda. Non se permite handbike.
  2. Discapacidades visuais
  3. Discapacidades intelectuais

No momento da inscrición deben comunicarlle esta circunstancia á organización, así como se desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo, figurarán na táboa xeral de tempos.

Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico info@carreirasgalegas.com.

As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase unha persoa guía para os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías, ou no caso de participantes con discapacidade intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo.

A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será gratuíto, para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico info@carreirasgalegas.com.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión