11 de mayo de 2025
Na terceira proba do circuíto Coruña Corre participaron máis dun milleiro de persoas
Facundo Medard e Alba Raso gañaron a XVI Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma, terceira proba do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que se disputou esta mañá coa participación de máis dun milleiro de persoas. Na categoría masculina acompañaron a Medard no podio Nuno Moure como segundo e Abdelaziz Fatihi como terceiro. Na disciplina feminina Inés Papín e Noelia Souto completaron o podio.
Ata un total de sete probas se disputaron esta mañá en San Pedro de Visma. A carreira discorreu pola estrada de Bens ata o parque, onde tivo lugar a meirande parte da proba, antes de regresar polo mesmo percorrido. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez participou no acto de saída da categoría absoluta e no entrega de trofeos posterior. "Desde o Gobierno de Inés Rey continuamos apoiando este circuíto, o mellor de Galicia de carreiras populares, que é un dos piares da nosa área de Deportes polo fomento de hábitos de vida saudable que promove", indicou Vázquez.
Datas do circuíto Coruña Corre 2025
XIII Carreira Popular Torre de Hércules: 15 de marzo
IX Carreira Popular Matogrande-Xuxán: 6 de abril
XVI Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma: 11 de maio
XII Carreira Popular Os Rosales: 1 de xuño
XII Carreira Popular Volta a Oza: 14 de setembro
XI Carreira Popular do Ventorrillo: 26 de outubro
XIII Carreira Popular Novo Mesoiro: 23 de novembro
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible