Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ídolo fálico (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Ídolo fálico

Un edificio relixioso

No transcurso das intervencións dirixidas polo arqueólogo José María Luengo Martínez, localizáronse os restos dunha construción de planta irregular cun banco corrido no seu interior. Este banco presentaba un espazo libre no que se localizou o coñecido como "Ídolo Fálico", que, en palabras do seu descubridor, daría nome ao edificio. A configuración da estrutura, a presenza dun relevo escultórico e a existencia dun banco corrido son elementos que permiten comprendelo como unha estrutura de carácter relixioso.

A peza está formada por unha pedra de granito arredondada na parte superior. Na fronte aparecía unha figura, que conta con cabeza (cuns trazos faciais que se intúen, a pesar de que pouco definidos), e un torso con dous brazos, sen pernas, máis cun falo de desproporcionado tamaño que lle outorga nome ao relevo e ao edificio.

Os datos sobre a estratigrafía e os materiais arqueolóxicos desta estrutura son moi limitados, polo que non existe consenso sobre a súa orixe e adscrición cronolóxica. Con todo, a tradición construtiva da edificación ten unha clara raíz indíxena, continuando modelos e formas que se remontan ás primeiras centurias da Idade do Ferro. O propio Ídolo tamén parece ter unha factura de orixe local. Estes aspectos, unidos ao feito de que o verdadeiro auxe construtivo do castro acontece entre os ss. III e I a.C., poderían insinuar que pertenza a esta mesma fase, aínda que quizais se requiran de máis estudos que apontoen estas informacións.


  • Ídolo fálico

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión