Concello da Coruña

Concello da Coruña

Crenzas e ritos

Os deuses castrexos e os ritos máxicos

A pesar de que Estrabón chega a dicir que os galaicos eran pouco menos que ateos, contamos con múltiples evidencias de deuses de orixe local. Na súa maioría, aparecen representados en aras e altares xa de cronoloxía romana, pero a súa orixe e xénese parece ser claramente local, pois son moi estraños noutras rexións. Entre outros, e centrándonos na rexión ártabra, coñécense divindades como Coso (relacionados coa guerra) ou Navia (relacionada coa protección da comunidade), pero tamén son habituais outros como Bandua, Reve ou Cohve.

Con todo, identificar as crenzas e ritos non recae, unicamente, en coñecer as divindades. Ao contrario: a arqueoloxía, na maior parte das ocasións, non ten capacidade para coñecer as divindades ou os cultos que se realizaban, aínda que si pode identificar os espazos de culto, as súas características e as actividades que alí se desenvolvían. Nalgúns casos afortunados, é posible chegar un pouco máis aló e coñecer cal era o obxecto de culto e que intencionalidade tiñan estes rituais.

No Castro de Elviña, identificouse un sorprendente número de edificacións con carácter relixioso. O caso máis destacado é o do Templo do Ídolo Fálico, cuxa disposición, cun banco corrido e cun relevo escultórico no seu centro, indica a súa finalidade relixiosa, seguindo a tradición arquitectónica doutras construcións máis temperás recuperadas na contorna. A Estrutura Oval, que tamén presenta un banco corrido, tamén puido ter carácter relixioso, entre outras funcións. Finalmente, o edificio dos Betilos mostra unha clara relación entre o mundo relixioso e a interacción co ámbito do Mediterráneo. Nestes casos, era habitual que o comercio fose sancionado por distintas divindades en espazos seguros, polo que é posible que a realización de rituais e actividades relixiosas fose unha parte esencial desta edificación.

Un último ámbito de posible uso relixioso, e que aínda permanece entre a néboa, é o caso da estrutura circular ou "túmulo" identificado na contorna do castro, cuxa funcionalidade, a día de hoxe, segue sendo descoñecida.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión