Concello da Coruña

Concello da Coruña

Charla: "Casares e Casarés, a dama do teatro francés que salvagardou a memoria republicana"

María Casares, muller independente

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

29/03/2022

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.00 a 20.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#AnoInternacionalMaríaCasares

Contacto:

bagora@coruna.gal

918 189 886

No marco da programación do Ano Internacional María Casares nas Bibliotecas Municipais da Coruña, terá lugar na sala de adultos da Biblioteca Ágora unha charla divulgativa sobre a actriz coruñesa María Casares (A Coruña, 1922 - Alloue, Francia, 1996) a cargo da escritora e crítica teatral Inma López Silva.

Achegarémonos á figura desta gran muller, actriz destacada e personaxe pública cunha vida marcada pola súa infancia coruñesa, por se exiliada e por ser filla de Santiago Casares Quiroga e Gloria Pérez Corrales. Unha muller referente na vida social, cultural e artística da Francia do século XX, que levou sempre con orgullo e dignidade o feito de ser muller galega. Unha referente das vangardas artísticas e un exemplo de compromiso ético, político e social coa súa orixe, coas persoas refuxiadas e cos ideais da república.

Escoita no perfil en Ivoox das BMC "Lemos para ti: "Memorias de cidades sen luz" un pequeno fragmento desta novela histórica de Inma López Silva na que se fai referencia á figura de María Casares.

Sobre Inma López Silva

Inma López Silva (Santiago de Compostela, 1978) é unha das novas narradoras galegas máis destacadas do panorama actual. A súa novela "Neve en abril" gañou o Premio Rúa Nova en 1996. Seguiron os relatos de "Rosas, corvos e cancións". Con "Concubinas" obtivo o Premio Xerais 2002. No 2007 publicou "New York, New York", diario dunha estadía na cidade norteamericana, que despois foi traducido ao castelán.

Ademais de escritora, destaca como crítica e investigadora teatral, colaboradora habitual en numerosas publicacións periódicas e científicas. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

Coa novela "Memoria de cidades sen luz", publicada por Galaxia, obtivo o Premio Blanco Amor 2007. Posteriormente foi recoñecida co premio AELG como mellor obra de narrativa 2008 e o Arcebispo San Clemente como mellor novela en galego 2008. En 2016 recibiu o Premio Insua dos Poetas como recoñecemento aos seus 20 anos de carreira literaria. A súa última novela, "O libro da filla" (Galaxia, 2020) foi galardoada co Premio da Asociación de Críticos Literarios.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión