Exposición itinerante arredor da traxectoria vital e artística de María Casares
Para público en xeral, Asociacións, Docente/Centro escolar
Dende o 02/03/2022 ata o 01/04/2022
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
Luns a venres: de 08.00 a 21.00 h.
Sábados: de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Correo electrónico: bagora@coruna.gal
Teléfono: 981 189 886
"Eu nacín aquí. Meus pais naceran aquí e mais meu avó paterno e a miña avoa paterna, e tamén a miña avoa materna e máis lonxe na miña ascendencia os meus antepasados e a súa proxenie."
Así se expresaba María Casares nas súas memorias "Residente privilexiada" referíndose á súa cidade, A Coruña.
As Bibliotecas Municipais da Coruña súmanse ao aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Casares para celebrar o Ano Internacional María Casares en 2022 cunha exposición itinerante polas Bibliotecas da Rede.
A exposición estará formada de 8 paneis ilustrativos que dan conta da traxectoria vital e artística da actriz coruñesa. O obxectivo é contribuír ao coñecemento desta importante e singular figura de orixe coruñesa que tivo gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX entre a poboación dos barrios da nosa cidade.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible