Concello da Coruña

Concello da Coruña

POETAS DI(N) VERSOS PRIMAVERA 2016

MÚSICA E POESÍA ABREN A OCTAVA E NOVA TEMPADA DO CICLO POETAS DI(N)VERSOS

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 25/01/2016, 29/02/2016, 14/03/2016

Este evento xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre, ata completar capacidade.

Documentos:

POETAS-DINVERSOS-CARTEL-2015-16.pdf (347 KB)

POETAS DI(N)VERSOS segue a demostrar a súa solidez, excelencia e boa saúde renovando a súa vitalidade a través dos anos. A coidada programación poética da Concellaría de Cultura da Coruña volve por oitavo ano con novas citas mensuais que reunirán poetas de Galicia e do mundo en encontros abertos e gratuítos. O único ciclo estable que inclúe poetas internacionais de xeito regular en toda España, regresa así ao centro Ágora

As lecturas poéticas, sempre en idioma orixinal e con traducións ao galego, volverán ter lugar no Auditorio do centro, en luns de cada mes e en horario das 20:30h do serán, contando arredor dunha hora de duración. As librarías da cidade seguirán ofrecendo a posibilidade de adquirir os volumes dos e das convidadas, así como de conseguir as súas sinaturas.

A oitava edición de POETAS DI(N)VERSOS dá o do de peito anunciando unha programación do máximo nivel para o primeiro trimestre do 2016, e algúns dos poetas máis renomeados da actualidade mundial contemporánea pasarán polo ciclo dirixido pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño. Tamén ao seu cargo quedará a conducción dos actos e as traducións ao galego dos textos estranxeiros.

* Luns 25 de xaneiro : Juan Carlos Meste e Miguel Mato Fondo, dende a Coruña e o Bierzo, música e posesía da man dun poeta da Xeración dos 80 e do Premio Nacional de Poesía 2009

* Luns 29 de febrero: Sarah Holland-Batt e Ledicia Costas, a primeira poeta asustraliana en sete anos do noso ciclo, a carón de toda una flamante Premio Nacional chegada de Vigo

* Luns 14 de marzo: Ricardo Domeneck e Rosalía Fernandez Rial, a sesión mais moderna e interdisciplinar do ano mestura o acento de Bergantiños e o brasileiro con vídeo e son

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión