Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Resis Festival 2020

Festival de música contemporánea 2020

Cando:

Dende o 01/07/2020 ata o 31/07/2020

Este evento xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Número de prazas:

40 persoas por concerto

Resis, o festival de música contemporánea da Coruña abre as súas portas nunha nova edición, a terceira, que achegará unha vez máis ao público o traballo de destacados artistas e intérpretes do repertorio musical contemporáneo. Este ano, o festival desenvolverá por vez primeira a totalidade da súa programación na sede Fundación Luis Seoane, e comezará o mércores 1 de xuño, ás 20.30 horas, cun concerto a cargo de Marc Vilanova. Baixo o título de Aresta, o artista e saxofonista barcelonés presentará unha instalación sonora escultórica e performativa que estará aberta ao público ata o vindeiro 31 de xullo na sala principal de exposicións do primeiro andar da fundación.

O sábado 4 de xullo, ás 20.30 horas, o percusionista Noè Rodrigo ofrecerá o concerto "Il legno e la parola", no que interpretará pezas de Javier Álvarez, Salvatore Sciarrino, Edison Denissow e Iannis Xenakis. Posteriormente, o sábado 18 de xullo, á mesma hora, terá lugar o concerto Sofferte... lontano de Vertixe Sonora Ensemble, que incluirá obras dos compositores Elena Rykova, Kaija Saariaho, Toshio Hosokawa e Víctor Ibarra. A clausura do festival estará a cargo este ano da pianista madrileña Magdalena Cerezo, que fará un percorrido polo repertorio pianístico europeo das últimas décadas interpretando pezas de Michael Finnisy, Georg Kröll, Betsy Jolas e Anna Thorvaldsdóttir.

A capacidade do festival está limitada a 40 persoas por concerto. Para asistir, é imprescindible recoller previamente as entradas, dispoñibles a partir do mércores 24 de xuño na recepción da Fundación Luis Seoane, ata un máximo de dúas entradas por persoa.

Toda a información sobre a terceira edición de Resis e dos intérpretes pode consultarse a través da páxina web do festival: resisfestival.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión