Un ano máis, arredor do Kiosco Alfonso pero ocupando toda a cidade, realizarase o festival Viñetas desde o Atlántico.
Dende o 04/08/2014 ata o 10/08/2014
Xa rematou
Quiosco Alfonso. Jardines de Mendez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña
Un ano máis, coas festas de agosto, chega unha nova edición de Viñetas desde o Atlántico, como unha das citas máis esperadas do noso verán. Ao longo dunha semana, A Coruña volve converterse nun cómic vivo: esculturas, murais, concertos, autores presentando as súas obras, exposicións, cursos, mesas redondas, sinaturas...
A Rúa da BD, entre os Xardíns de Méndez Núñez, será o mellor escaparate da produción editorial do mundo do cómic. Coma na anterior edición, intégrase máis na Feira do Libro, prolongándose do 1 ao 11 de agosto.
... E isto só é posible coa compatibilidade de todos que permitiu facer desta cidade un referente no mundo da historieta.
O núcleo das actividades xira arredor das exposicións, co Quiosco Alfonso como eixo central, onde tamén se realizan as conferencias e mesas redondas. As exposicións e a biblioteca do cómic (en PALEXCO) prolongaranse ata o 14 de setembro.
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible